30/9/08

Comeza a tempada 2008-2009


Comeza unha nova tempada con novidades para o noso equipo.
Por segundo ano participamos na competición federada. Este ademais, con 2 equipos.Un xogará en 2ª división-grupo centro e outro na terceira, grupo centro tamén.
10 xogadores/as, 2 equipos e moitas ilusións neste novo proxecto.Os obxectivos son claros: Manter a categoría na 2ª división e acadar un posto digno na 3ª. Todo o que supere estas espectativas sería un enorme éxito.
Esta andaina non sería posible este ano sen a colaboración de numerosos pais e nais que se prestan a colaborar de xeito desinteresado.
Noraboa a todos,felicidades pola anterior campaña que puxo os cementos desta e ánimos renovados na nova aventura que comeza!!.

10/9/08

II Memorial Xaime López

Tres xogadores do noso equipo participaron no II Memorial Xaime López que se disputou na localidade de Ferrol.
Inés Vázquez pasou da fase de grupos en 3ª posición quedando eliminada en cuartos por Gema Cores de Cambados (3-1).Guillermo Maneiro pasou da fase de grupos de 2º pero quedou eliminado na fase previa contra un xogador do equipo Estrela da Amadora de Portugal.Pablo Pérez non pasou da fase de grupo porque quedou en cuarta posición.Cabe destacar que este grupo era un dos máis díficiles da categoría.
fai clic neste ligazón para ver os resultados.

fai clic para ver o ranking galego.

5/9/08

Comeza a tempada no noso instituto

Ás portas do novo curso académico, os estudantes e xogadores de tenis de mesa do noso centro están xa a se preparar para dar guerra na liga galega que esta tempada comezará a finais de setembro.

Cómpre dicir que a federación dos xogadores este ano está sendo un tema complicado debido ó ascenso do noso equipo o ano pasado, que nos abriu á posibilidade de federar a dous equipos, un na 2ª división á que ascendemos e un segundo novo equipo na 3ª.

De todas formas, a posibilidade da federación queda aberta a todos aqueles que queirades federarvos neste deporte e representar ao noso instituto a nivel galego.

Por outra banda, a inminencia da liga non vai pillar por sorpresa a 3 dos nosos xogadores; Pablo Pérez, Inés Vázquez e Guillermo Maneiro inscribíronse, en aras de coller o bo ritmo do que gozaban o ano pasado, en sendos torneos galegos de gran nivel: o II memorial Xaime López de Ferrol, no que participarán este domingo día 7 de setembro, os tres na categoría xuvenil (un duro paso para os nosos xogadores, pero obligatorio pola eliminación da categoría cadete). Outros torneos que estes tres rapaces teñen entre mans son o de Narón (o 14 de setembro) e máis o de Gondomar (xa empezado o curso, o día 28 de setembro).

Desexámoslle sorte por igual a os nosos tres campións, que non están dispostos a descansar pese a o moito que axudaron a ascender ao noso equipo de 3ª o ano pasado.

E animámoslle a outros tres campións, Adrián Pérez, Nacho Carnota e Manuel Pérez, a recobrar rápido o entusiasmo por este deporte que radiaban o ano pasado xa cando xogaban nas mesas do noso centro en cada un dos recreos. Desexámoslle toda a sorte do mundo no novo reto que aceptaron ao federarse este ano polo noso instituto.