26/10/08

4ª xornada-Primeiro doblete

2ª división
Local de xogo: Asociación Mecos - O Grove
ANPA IES VIRXE DO MAR: 4 - MECOS T.M: 1
Alineación: Guillermo-Pablo-Inés / db: Guillermo-Inés

Partido no que era necesario acadar a vitoria e así foi.
Os nosos non defraudaron. Grazas a este resultado nos mantemos no 4 lugar da clasificación agardando os dous próximos compromisos diante dos potentes conxuntos de ARTEAL T.M e GALDÉMICA OURENSE.
3ª división
Local de xogo:IES Virxe do Mar
ANPA IES VIRXE DO MAR "B": 4 - ADECO DEA POBRA: 1
Alineación: Benjamín - Alex - Nacho / db: Manoel - Adrián

O equipo vai medrando en xogo nas situacións que se dan en toda competición. Non podiamos agardar moito e aquí está: O noso primeiro triunfo.
En canto a actuación dos nosos xogadores sinalar que Alex saíndo esta vez como número 1 acadou dúas vitorias individuais. Benjamín venceu a Juanatey nun partido no que foi de menos a máis. Nacho que coa súa vitoria de hoxe continúa escalando postos no ranking da competición. O equipo de dobres estivo formado desta volta por Adrián e Manoel. Nun partido polémico nalgunha das súas fases non foron quen de facerse coa vitoria ainda que chegaron a diputar un quinto set.
Noraboa a todos por este primeiro triunfo na liga e confiemos que a vindeira semana diante do ADECO OUTES loitemos por acadar a segunda vitoria.

18/10/08

2ª división
Local: IES Virxe do Mar - Noia
ANPA IES VIRXE DO MAR: 2 - INSUCARPI: 4
Alineación: Guillermo-Pablo-Inés / db: Guillermo-Inés

Derrota agardada diante dun equipo que nos dobla en puntos e encabeza a clasificación. Aínda así fumos quen de gañar 2 partidos que poden ser importantes na clasificación en caso de empate a puntos con equipos do noso nivel.
Dos nosos o máis destacado foi Guillermo acadando 1,5 puntos. Inés colaborou na victoria en dobres e Pablo non tivo ocasión de facer máis logo de perder o seu primeiro encontro e non poder xogar na segunda rolda.

3ª división
Local: IES Virxe do Mar - Noia
ANPA IES VIRXE DO MAR: 4 - MONTEPORREIRO MIXTO: 1
Alineación: Alex-Manoel-Nacho/ db: Benxamín-Alex
Chegou a 2ª victoria da tempada diante dun equipo da "nosa liga".
Todos xogaron a bo nivel gañando Alex (2), Manoel e Nacho os seus partidos individuais.
Finalmente non acadamos un 4-0 xa que logo de conseguir facernos co primeiro set, non soubemos manter a tensión ata o final e acabamos perdendo ese punto.
Noraboa a todo o equipo!!

3ª xornada

2ª división
Local de xogo: IES Virxe do Mar - Noia
ANPA IES VIRXE DO MAR: 4 - RIBADUMIA Decostylo: 3
Alineación: Guillermo-Pablo-Inés / db: Guillermo-Pablo.

Árdelle o eixo!! Partido completo: emocionante, igualado, loitado punto a punto ...
Foi difícil pero aínda así acadamos unha vitoria que vai ser importantísima no desenrolo da competición.
Dos nosos ... que decir. Inés estivo cando a necesitabamos. Acadou un punto e loitou de igual a igual diante do número 1 de Ribadumia. Pablo caendo nas redes que lle botaba o rival no primeiro encontro pero recuperado para o partido de dobres e poñendo peche ao partido coa vitoria no seu segundo enfrontamento individual. Guillermo, cun saque mortífero nalgunhas fases do partido de dobres e sabendo como xogar en todo momento. Acadou unha vitoria que sería decisiva diante do segundo xogador de Ribadumia.
Pero por riba de todo estivo o comportamento como conxunto que amosaron os nosos desta volta.
O vindeiro sábado ten que continuar a racha diante do Mecos T.M

3ª división
Local de xogo: Colexio A Lomba-Vilagarcía
Liceo Casino Junior: 4 - ANPA IES VIRXE DO MAR: 2
Alineación: Alex-Nacho-Adrián / db: Alex-Adrián

Isto vai a mellor!!. Caeron para o noso peto as dúas primeiras vitorias individuais na competición. Nacho (diante do mellor xogador dos vilagarciáns) e Alex foron os protagonistas.
Partido no que nos puxemos por diante cun 2-1 pero que logo non soubemos gañar.
Pero hai que mirar o positivo e sinalar a melloría que xornada a xornada se lle nota ao equipo. De seguro que non vai tardar o primeiro encontro gañado para nós. O equipo estivo adestrado de novo por Pablo Pérez.
Noraboa a todos.

11/10/08

2ª xornada

2ª división
Local: Colexio St. Tomé - Cambados
INSUCARPI: 4 - ANPA IES VIRXE DO MAR: 0
Alineación: Guillermo - Inés-Pablo / db: Guillermo-Pablo.
Unha xornada e un resultado que nos devolve á realidade do que será a competición. Témolo difícil. Cómpre entón traballar e esforzarnos ao máximo para acadar o obxectivo proposto que non é outro que o de manterse na categoría.
Tivemos algunha ocasión de acadar un punto no dobres pero quedou na posiblididade de ... mágoa!!
O sábado visitará o IES o Ribadumia. Hai que acadar a vitoria, non queda outra!!
3ª división
Local: Campo San Lázaro - Santiago
ARTEAL VETERANOS: 4 - ANPA IES VIRXE DO MAR: 0
Alineación: Alex-Manoel-Nacho / db: Adrián-Manoel
Derrota diante dun equipo moito máis experimentado que o pasado ano militaba na 2ª división. Bastante fixeron os nosos. Mesmo Alex a piques estivo de acadar o primeiro punto do equipo na competición.
Rapaces, non hai que se vir abaixo. Pouco a pouco iremos subindo o noso nivel.

para ollar mais polo miúdo a xornada, fai clic nesta ligazón.

5/10/08

1ª xornada

2ª división
Local: Sociedade Liceo Noia
ANPA IES VIRXE DO MAR: 4 - LICEO NOIA: 1
Alineación: Guillermo - Inés-Pablo / db: Inés-Pablo
Típico partido de inicio de temporada cos dous equipos aínda sen dar o seu 100%. Malia esta circunstacia aos nosos notóuselles un chisco máis de rodaxe grazas á súa participación en diversos torneos de verán.
O resultado semella xusto aínda que sabemos que o partido de volta será unha historia moi diferente.
Salientar a boa actuación da inédita parella de dobres formada desta volta por Inés e Pablo.
Para este encontro os nosos xogadores luciron senllas camisetas conmemorativas do torneo organizado polo club de Monte Porreiro en recoñecemento ao labor desenvolvido por esta entidade a prol do tenis de mesa galego. É intención dos xogadores continuar con estes recoñecementos a outros clubes durante a temporada.
3ª división
Local: S.C. Padronesa-Padrón
CORREO GALEGO: 4 - ANPA IES VIRXE DO MAR: 0
Alineación: Adrián-Manoel-Nacho / db: Adrián-Manoel
Primeiro partido oficial para o equipo. Notouse esta circunstancia diante dun rival moito máis veterano. Aínda así os nosos xogadores puxeron en apretos aos contrarios nalguha fase dos partidos. Desta volta exerceu como adestrador Pablo quen ao remate do encontro fixo fincapé na novidade da competición para os xogadores o que se notou no resultado final.
Malia este primeiro tropezo o equipo mantén a moral alta agardando pola vindeira xornada.

para ollar mais polo miúdo a xornada, fai clic nesta ligazón.