24/9/09

COMEZA A TEMPADA 2009-2010


O verán acabouse, e eso implica a volta aos estudos e ao adestramento para os nosos xogadores de tenis de mesa. Este ano preséntasenos difícil no tocante á nosa participación na liga. A nosa xogadora Inés Vázquez foi recentemente fichada polo Arteal de Santiago, o cal supón un duro golpe para o noso humilde propósito de ascenso a segunda galega, xa que ademáis o noso equipo, despois de múltiples esperanzas de permanencia, descende a xogar á máis baixa das divisións galegas. A falta doutros xogadores que prometían unha ficha polo equipo do instituto, chegouse á dura determinación de organizarnos nun só equipo que abranguise a tódolos xogadores do centro, xuntando a grandes con pequenos. Despois de tanto tempo evitando tomar esta decisión, desta vez a fixación de dous equipos foi imposible. Unha verdadeira mágoa para os nosos dous grandes bloques de xogadores e para a súa vontade de seguir camiños por separado na liga de tenis de mesa.

Definitivamente, a situación vai ser a seguinte:

Equipo: IES Virxe do Mar (3ª división galega-3ª división nacional)
Integrantes:
Pablo Pérez
Guillermo Maneiro
Alex Castro, Adrián Pérez
Manoel Pérez
Nacho Carnota
Delegado: Fernando Vigo
Adestrador: Rubén Seijo

Provisionalmente, a FGTM asignounos os seguintes equipos dentro do noso grupo:

Oroso Benxamín
Oroso Promesas
Arteal Promesas
Breogán Oleiros "C"
Liceo Junior
Adeco Dea - Pobra
Adeco Dea - Outes

A maioría destes equipos non son unha sorpresa para nós, pero moitos dos avances técnicos adquiridos polos xogadores máis destacables quizas vaian a resultar selo, pois cómpre destacar que a enorme canteira do Arteal e de Oroso está constituida por nenos que a cada ano conquistan máis títulos en campionatos galegos e estatais, converténdose en verdadeiras promesas galegas ás que ahora lles deberemos facer frente.

Sen máis, sólo resta desesarlle a maior sorte posible ao noso novo e unitario equipo, para que o faga o mellor posible, e para que a posibilidade do ascenso, a pesar da pluralidade de niveis técnicos entre os nosos xogadores, aínda sexa unha recompensa alcanzable.