16/10/10

3ª XORNADA DE LIGA 2ª G E 3ª G

2ªG:

BREOGÁN OLEIROS "C": 3 - IES VIRXE DO MAR "A": 4

Alberto Doval Loureda: 3 - Adrián Pérez Romaní: 0
Andrea Valiño Rodríguez: 0 - Pablo Pérez Romaní: 3
Óscar Doval Loureda: 2 - Guillermo Maneiro Currás: 3
Alberto Doval Loureda / Andrea Valiño Rodríguez: 3 - Pablo Pérez Romaní / Guillermo Maneiro Currás: 1
Andrea Valiño Rodríguez: 3 - Adrián Pérez Romaní: 0
Alberto Doval Loureda: 0 - Guillermo Maneiro Currás: 3
Óscar Doval Loureda: 1 - Pablo Pérez Romaní: 3

Non era sin tempo. Por fin chegaron os dous primeiros puntos para a clasificacion que non dabamos acadado. Un encontro tenso no que nos vimos desesperados en tres ocasións: a primeira, cando Óscar estaba a un set de gañar a Guillermo antes do dobles, sendo capaz o noso xogador de remontar a situación con moi boa cabeza e perseverancia, valorando cada punto que caia do noso bando; a segunda, que non puidemos evitar, foi a derrota nese fatídico dobles, no que os nosos xogadores mostraron unha gran pasividade ofrecendo un xogo máis que lamentable fronte a un equipo de dobres que carecia do seu mellor xogador, Óscar, quen se absteu de participar coa intención de prepararse para o que iba a ser o seu partido final contra Pablo; e a terceira, cando despois de perder dito dobres, nos viamos na obriga de gañar tanto o partido Guillermo - Alberto como o complicado Óscar - Pablo. O primeiro caeu facilmente do noso bando, mais o segundo foi unha verdadeira sorpresa, pois o noso xogador demostrou bastante entereza fronte á súa peor debilidade: a presión do último partido frente ao preparado capitán do equipo rival. As victorias de Pablo e Guillermo fronte a el foron sen dúbida a clave deste triunfo. Pola contra debemos animar a Adrián, que segue sen dar resultados na liga, e nos segue obrigando a regalar 2 puntos aos que de momento foron todos os nosos equipos rivais na liga. Esta situación debe ser arranxada urxentemente antes da segunda volta, momento no que teremos a oportunidade de redimir algúns dos 4-3 en contra que teremos encaixados para entón.

3ªG:

IES VIRXE DO MAR "B": 3 - CAFÉ-BAR ROXIBE: 4

Manoel Severiano Pérez García: 2 - José Antonio Sanmartín Gil: 3
Ignacio Carnota Blanco: 2 - Ángel Padín Cores: 3
Sergio Agraso Graciano: 0 - Iván Álvarez García: 3
Manoel Severiano Pérez García / Ignacio Carnota Blanco: 3 - Ángel Padín Cores / Iván Álvarez García: 1
Ignacio Carnota Blanco: 3 - José Antonio Sanmartín: 2
Manoel Severiano Pérez García: 3 - Iván Álvarez García: 2
Sergio Agraso Graciano: 1 - Ángel Padín Cores: 3

Perfecto encontro para que os nosos xogadores se topen coa realidade da liga. Esta suave derrota vai servir de motivación aos nosos xogadores para que non se durman nos laureis e vexan que non hai encontro gañado nin perdido, O que foi un 3-0 antes de chegar ao dobles foi pouco a pouco un lento camiño de remontada ata o 3-3, no que os resultados falan por si sós. Os apretados marcadores reflexan a vehemencia dos nosos xogadores fronte á relaxación dun equipo algo superior tecnicamente, que levou unha victoria moito máis dificil do que eles esperaban. Algúns dos 3-2 na primeira tanda de individuais puido caer do noso bando, pero o esforzo posto en obter esos dous pares de sets son o mellor resultado dentro da derrota que os nosos xogadores puideron levar. Moita sorte para as vindeiras xornadas!

9/10/10

2ª XORNADA DE LIGA 2ªG E 3ªG

2ªG:

IES VIRXE DO MAR "A": 3 - CONXO TM: 4

Pablo Pérez Romaní: 3 - Marcos Espantoso Sande: 1
Steven Castro Nieto: 0 - Juan Ramón Pereiras Casal: 3
Adrián Pérez Romaní: 1 - Fernando Suárez Sandomingo: 3
Pablo Pérez Romaní / Adrián Pérez Romaní: 3 - Marcos Espantoso Sande / Juan Ramón Pereiras Casal: 2
Pablo Pérez Romaní: 3 - Juan Ramón Pereiras Casal: 0
Adrián Pérez Romaní: 0 - Marcos Espantoso Sande: 3
Steven Castro Nieto: 0 - Fernando Suárez Sandomingo: 3

Decepcionante segunda xornada que xa nos obriga a olvidarnos de case toda esperanza de permanencia na segunda división galega. As dúas xornadas factibles van alá con candanseu 4-3 en contra, e os nosos xogadores xa non se ven capaces de nada en todo o ano.
Na xornada de hoxe, ademáis de contar coa desventaxa de non ter un tercer xogador ao nivel de Pablo e Guillermo, vímonos afectados pola misteriosa enfermidade de este último, que non pudo participar de ningún xeito, e que cambiaría con toda seguridade o marcador a un 5-2 a favor. Non obstante, a labor de Pablo como único titular e xefe do grupo foi encomiable, gañando todos os seus partidos contra os dous mellores do clube rival, e levándose incluso o crucial punto do dobres, ao lado de Adrián, nun partido de máxima tensión no que os sets que caian do noso lado eran moi axustados, ao contrario dos dous que gañaron eles. Despois dos 3 puntos acadados por Pablo, só un insignificante partido nos separaba da victoria sobre o equipo rival. Pois este punto nunca chegou, Adrián e Steven perderon todos os seus enfrentamentos e os 4 puntos caeron cómodamente do lado dos nosos rivais, dando como resultado un frustrante 4-3.
O noso problemático equipo de segunda división atravesa agora unha das súas peores crises, e prantéxase seriamente o seu obxectivo nas vindeiras tempadas, sendo posible a permanencia continua e voluntaria na división inferior para o resto dos anos, a causa da resignación que levamos arrastrando dende hai anos pola carencia do noso tercer xogador.

3ªG:

OROSO GUARDERÍA TRASTES: 0 - IES VIRXE DO MAR "B": 7

Anxo Gómez: 0 - Martín López Tomé: 3
Cristina Abeijón: 1 - Venancio González Caamaño: 3
Carmela Gómez: 0 - Ignacio Carnota Blanco: 3
Cristina Abeijón / Carmela Gómez: 1 - Aitor Alonso Méndez / Manoel Severiano Pérez García: 3
Cristina Abeijón: 0 - Martín López Tomé: 3
Anxo Gómez: 0 - Sergio Agraso Graciano: 3
Carmela Gómez: 0 - Aitor Alonso Méndez: 3

Contundente vitoria que en realidade non tiñamos tan clara. Toda a nosa canteira loitou por acadar ese contundente 7-0 e os puntos foron caendo un tras outro sen demasiada dificultade. Os nosos xogadores iban realmente motivados e coas ideas moi claras, e en ningún momento se deixaron influenciar pola impresión de xogar fóra de casa por primeira vez na sua vida.
Cómpre salientar os puntos acadados por Venancio e Aitor, que demostraron ter moi boa cabeza e moita confianza nos seus recursos técnicos, escasos fronte á versatilidade do equipo rival. Tamén Martín abreu o encontro de forma sublime e reaccionou correctamente frente ao seu primeiro contrincante realizando o seu xogo por riba das pillerías do seu rival. Unha xornada redonda para os nosos xogadores.
Sen embargo, todos os partidos xogados polo agora supoñen só a punta do iceberg do que descubrirán que é a terceira división galega. Aínda así, esperamos que sepan enfrontar este nivel grazas á mellora técnica por medio das vitais sesións de entrenamento.

3/10/10

1ª XORNADA DE LIGA 2ªG E 3ªG

2ªG:

LICEO SENIOR: 4 - IES VIRXE DO MAR "A": 3

Pablo Prol Romero: 3 - Guillermo Maneiro Currás: 1
Héctor Silva Martínez: 3 - Adrián Pérez Romaní: 2
Hugo Martínez Bouzas: 1 - Pablo Pérez Romaní: 3
Pablo Prol Romero / Hugo Martínez Bouzas: 0 - Guillermo Maneiro Currás / Pablo Pérez Romaní: 3
Héctor Silva Martínez: 1 - Guillermo Maneiro Currás: 3
Pablo Prol Romero: 3 - Pablo Pérez Romaní: 2
Hugo Martínez Bouzas: 3 - Adrián Pérez Romaní: 2

Importante encontro no que disfrutamos de varias oportunidades para levarnos os dous primeiros puntos na clasificación. As máis significativas foron sin duda as de Adrián, o noso terceiro experimental, que empezoulle gañando 2-0 en sets a Héctor e máis a Hugo, pero que flaqueou ante a necesidade de pechar os seus partidos, deixando caer o punto do lado dos nosos rivais. Outra oportunidade inesperada foi a que tivo Pablo Pérez no seu enfrentamento contra Pablo Prol, na que chegou a disfrutar dun 4-0 a favor no set de desempate, despois de chegar ao 2-2 facendo un último esforzo por non pechar o partido perdendo 3-1. Unha xornada chea de desventuras que frustrou aos nosos xogadores, pois esta era unha das poucas xornadas que imos ter asequibles este ano na segunda división galega.

3ªG:

LICEO JUNIOR: 2 - IES VIRXE DO MAR "B": 5

Manuel Oviedo Peña: 0 - Ignacio Carnota Blanco: 3
David Rodríguez Barreiro: 3 - Manoel Severiano Pérez García: 0
Ramón Rudiño Agrafojo: 1 - Venancio González Caamaño: 3
Manuel Oviedo Peña / Ramón Rudiño Agrafojo: 0 - Ignacio Carnota Blanco / Manoel Severiano Pérez García: 3
David Rodríguez Barreiro: 1 - Ignacio Carnota Blanco: 3
Francisco Hermo García: 1 - Aitor Alonso Méndez: 3
Abel Veiras González: 3 - Sergio Agraso Graciano: 1

Excelente xeito de comezar a liga, cun 5-2 a favor nun partido no que participou case toda a nosa canteira. Aínda que os rivais eran vellos coñecidos e asequibles contrincantes, os nosos xogadores non deben subestimar a dificultade da liga na que están federados, e deben aproveitar ao máximo a semana que lles separa do encontro co equipo de Oroso o vindeiro fin de semana. Desexámoslles aos nosos pequenos unha boa preparación para o enfrentamento cun dos equipos máis serios e disciplinados en canto a entrenamento da terceira división galega. Esperemos que este duro enfrontamento non desilusione aos nosos esperanzados xogadores. Ánimo rapaces!

2/10/10

PRESENTACIÓN LIGA DE TENIS DE MESA 2010-2011

Un ano máis por estas datas, o instituto IES Virxe do Mar xa ten lista a plantilla de xogadores de tenis de mesa para a tempada que vai comezar. O esforzo que fixemos o ano pasado permitiu ao equipo do instituto ascender á segunda división galega, mais un só equipo quédase pequeno para unha canteira que medra cada ano, recibindo a novos membros dos cursos máis baixos da ESO, ademáis de algún que outro novo fichaje. Facíase necesaria, pois, a creación dun segundo equipo na terceira división galega, ademáis do recén ascendido á segunda, para introducir ás novas promesas no mundo do tenis de mesa. Quedaban, pois, os equipos distribuidos do seguinte xeito:

Terceira división galega:
O obxectivo do equipo sería, como xa se dixo, facer posible a participación dun considerable número de interesados xogadores principiantes no tenis de mesa a nivel competitivo. A meta do equipo na clasificación sería quedar o máis arriba posible, pero sin ningún afán de ascenso, e dando a todos os xogadores a oportunidade de lucir a súa táctica de xogo, maioritariamente adquirida a través de partidas e piques entre eles no patio do recreo. Pero esta forma de xogar anárquica que posúen require dun soporte técnico que xa están empezando a adquirir, por medio dos entrenamentos que teñen lugar no instituto luns e venres, e que normalizarán o seu sistema de xogo para adecualo ás esixencias da liga.
Compoñen o equipo: Nacho Carnota Blanco, Manoel Pérez García, Aitor Alonso Méndez, Martín López Tomé, Venancio González Caamaño, Sergio Agraso Graciano e Alex Castro Martínez.

Segunda división galega:
Este equipo, recén ascendido de terceira división, pretende acabar o ano evitando o descenso, obxectivo que non foi capaz de cumplir dous anos atrás, cando na súa plantilla figuraba o nome de Inés Vázquez. Contamos este ano, pois, con xogarnos todo na liga de descenso que comezará por abril, confiando en que, para entonces, algún xogador da canteira federada en terceira dera o salto e poida competir a nivel de segunda galega para acadar a desexada permanencia do equipo. Mentras tanto, as cousas pintan peor este ano do que pintaban hai dous. A necesidade urxente dun tercer xogador é un hándicap que nos leva seguindo desde o ano pasado, e que, nunha división seria como é a segunda galega, vaise converter nunha carencia irremediable. De todos xeitos, para suplir o oco ata que xorda algunha alternativa, contamos cun xogador traído da terceira división, Adrián, e de un novo fichaje algo prematuro de momento, pero cuxo potencial nos convenceu, e do que esperamos un bo salto técnico antes de abril, trátase de Steven, un alumno do instituto Cernadas de Castro, que con só un ano entrenando xa devecía por ter un lugar no tenis de mesa federado.
Compoñen o equipo: Pablo Pérez Romaní, Guillermo Maneiro Currás, Adrián Pérez Romaní e Steven Castro Nieto.

Desexámoslle moita sorte, moita perseverancia e moitas horas de entrenamento aos nosos xogadores, para que sepan compaxinal ben a liga deste ano cos seus estudos secundarios e universitarios. ÁNIMO RAPACES!