16/2/11

12ª XORNADA DE LIGA 2ª G E 3ª G

2ª G:

IES VIRXE DO MAR "A": 2 - BREOGÁN OLEIROS "C": 5

Adrián Pérez Romaní: 0 - Antonio Luis González Rodríguez: 3
Guillermo Maneiro Currás: 2 - Diana Gómez Araneda: 3
Pablo Pérez Romaní: 3 - Jesús Valiño: 0
Pablo Pérez Romaní / Guillermo Maneiro Currás: 1 - Antonio Luis González Rodríguez / Diana Gómez Araneda: 3
Adrián Pérez Romaní: 1 - Diana Gómez Araneda: 3
Pablo Pérez Romaní: 0 - Antonio Luis González Roríguez: 3
GUillermo Maneiro Currás: 3 - Jesús Valiño: 1

Non é o Liceo o único que aproveitou para renovar a súa plantilla. O equipo de Oleiros co que loitabamos polo 7º e 8º posto levou os dous puntos que nos lles gañaramos na primeira volta dunha maneira apabullante, grazas á incorporación de Diana (campiona xuvenil do ano pasado) e Toni (veterán de picos de división nacional), ámbolos dous xogadores exhiliados do equipo de Ferrol, ingresaron no clube de Oleiros, levantando notablemente o equipo de 2ª galega no que se federaron. Non houbo moito que facer. Agora só nos queda cederlle o paso definitivamente ao equipo de Oleiros, resignándose a que nos adianten e, no pouco probable caso de empate, sigan tendo preferencia de permanencia, pois eles gañaronnos 5-2 en Noia, e nós en Oleiros gañámoslles só 4-3.

3ª G:

CAFÉ-BAR ROXIBE: 2 - IES VIRXE DO MAR "B": 5

Iván Álvarez: 3 - Venancio González Caamaño: 0
Santiago Guillán Tirado: 2 - Martín López Tomé: 3
Álvaro Magán Pérez: 1 - Sergio Ínsua: 3
Iván Álvarez
/
Álvaro Magán Pérez
: 1 -
Venancio González Caamaño
/ Aitor Alonso Méndez: 3
Iván Álvarez: 3 - Martín lópez Tomé: 0
Álvaro Magán Pérez: 1 - Venancio González Caamaño: 3
Santiago Guillán Tirado: 0 - Sergio Ínsua: 3

Nesta xornado aconteceu o mesmo ca na de Arteal, todo nos foi favorable. Os mellores xogadores, Ángel e José Antonio, non participaron. De todos xeitos, agardábase a victoria dos nosos xogadores sobre o seu número 3, Iván, que por desgracia non perdeu un set en ningún dos seus individuais. Os dous xogadores suplentes fixeron algún que outro set, pero a fin de contas o resultado resultou ser moi favorable ao noso equipo. Noraboa aos nosos campións!

11ª XORNADA DE LIGA 2ª G E 3ª G

2ª G:

CONXO PONTE DE FERRO: 3 - IES VIRXE DO MAR "A": 4

Marcos Espantoso Sande: 0 - Guillermo Maneiro Currás: 3
Daniel Méndez Portos: 0 - Pablo Pérez Romaní: 3
Fernando Suárez Sandomingo: 3 - Adrián Pérez Romaní: 1
Marcos Espantoso Sande / Daniel Méndez Portos: 0 - Pablo Pérez Romaní / Guillermo Maneiro Currás: 3
Marcos Espantoso Sande: 2 - Pablo Pérez Romaní: 3
Fernando Suárez Sandomingo: 3 - Guillermo Maneiro Currás: 2
Daniel Méndez Portos: 3 - Adrián pérez Romaní: 1

Unha xornada de infarto, na que nos xogabamos toda a liga. Este equipo é o noso primordial obxectivo, e a súa victoria sobre nós na primeira volta obrigábanos a gañarlles na segunda volta e por un 5-2. A inesperada derrota de Guillermo provocou un 4-3 aínda ao noso favor, o cal iguala o 4-3 que nos fixeron eles alá. En diferencia de xogos, no enfrentamento directo, os dous equipos teñen unha diferencia de 5 xogos! esta situación, de resolverse a favor do que gañase máis sets, caería do noso favor, pero de todas formas debemos seguir gardando as distancias entre Conxo e nós, indo a por todas en cada unha das xornadas que quedan e desexando que Conxo non dé ningunha sorpresa, sendo perfecto que na segunda volta volvese a perder contra a Hípica, o cal xa nos deixaba con pe posto na permanencia.

3ª G:

IES VIRXE DO MAR "B": 7 - OROSO - GUARDERÍA TRASTES: 0

Manoel Severiano Pérez García: 3 - Carmen Gómez: 1
Venancio González Caamaño: 3 - Anxo Gómez: 0
Martín López Tomé: 3 - Cristina Abeijón: 2
Aitor Alonso Méndez / Sergio Agraso Graciano: 3 - Inna Martínez / Cristina Abeijón: 0
Sergio Insua: 3 - Anxo Gómez: 0
Aitor Alonso Méndez: 3 - Carmen Gómez: 0
Sergio Agraso Graciano: 3 - Inna Martínez: 0

Outra xornada aplastante máis, aínda que máis sufrida, pois os nosos rivais melloraron notablemente dende o noso enfrentamento en Sigüeiro na primeira volta. Ademáis, foi posible a participación de todos os nosos xogadores. Bo xogo por parte de Aitor e Venancio, que gañaron limpiamente todos os seus partidos.

10ª XORNADA DE LIGA 2ª G E 3ª G

2ª G:

IES VIRXE DO MAR "A": 2 - LICEO SENIOR: 5

Guillermo Maneiro Currás: 1 - Roi Sixto: 3
Pablo Pérez Romaní: 3 - Ramón Rudiño Agrafojo: 0
Adrián Pérez Romaní: 0 - Rosalino García Novo: 3
Pablo Pérez Romaní / Guillermo Maneiro Currás: 1 - Roi Sixto / Rosalino García Novo: 3
Pablo Pérez Romaní: 0 - Roi Sixto: 3
Guillermo Maneiro Currás: 0 - Rosalino García Novo: 3
Adrián Pérez Romaní: 3 - Abel Beiras: 0

Decepcionante derrota que sufrimos pola incorporación dun novo xogador imbatible á plantilla do Liceo no mes de decembro. Roi Sixto, xogador de nivel nacional que chegou a xogar nunha liga de ascenso a división de honra, foi fichado polo clube, que nolo pormetera alá por outubro pola nosa famosa necesidade do terceiro xogador, a cal nos podía costar o descenso. Lexos de cumplilo, o clube fichou para sí a Roi e estrenouno contra nós. E se xa era imposible gañar a Lino só, nin falar de gañar a un Liceo no que nin Lino é o mellor. Agora o Liceo conta con 4 ases baixo a manga, Rubén, Lino, Pablo e Roi, mentras que nós seguimos a coxear do terceiro xogador. Esperemos que pese ás dificultades que se nos veñen enriba, sexamos capaces de manternos polo menos este ano en 2ª galega, pois para o ano xa teremos tempo de cubrir a vacante do terceiro xogador, recurrindo primeiramente ao adestramento exhaustivo de Adrián, o noso terceiro provisional.

3ª G:

IES VIRXE DO MAR "B": 3 - LICEO JUNIOR: 4

Aitor Alonso Méndez: 0 - Nicolás Pérez Suárez: 3
Ignacio Carnota Blanco: 3 - David Rodríguez: 1
Sergio Agraso Graciano: 0 - Manuel Oviedo Peña: 3
Ignacio Carnota Blanco / Manoel Severiano Pérez García: 3 - David Rodríguez / Nicolás Pérez Suárez: 1
Ignacio Carnota Blanco: 3 - Nicolás Pérez Suárez: 0
Aitor Alonso Méndez: 1 - Manuel Oviedo Peña: 3
Sergio Agraso Graciano: 3 - David Rodríguez: 3

Os nosos pequenos non tiveron máis sorte. No seu caso, aínda que a alineación saiu bastante ben, nin Aitor nin Sergio foron capaces de facer o cuarto punto, nin contra Nicolás nin contra Manuel. Sergio de todas formas apretou moito os sets contra David, podendo gañar un par deles de ter un pouco máis de sorte co resto sobre o saque de David. A baixa de Venancio e a colocación de Manoel só no dobres quizás nos privaron da vitoria. De todas formas, debemos darlle tempo e paciencia aos nosos xogadores para que pronto se sobrepoñan aos do Liceo, sobre todo a Nicolás e Manuel, aos que non han tardar en gañar.

9ª XORNADA DE LIGA 2ª G E 3ª G

2ª G:

IES VIRXE DO MAR "A": 2 - A.D. DUBRATAMBRE "2": 5

Adrián Pérez Romaní: 0 - Andrés Fajín Guerra: 3
Pablo Pérez Romaní: 2 - Alberto Noya Iglesias: 3
Guillermo Maneiro Currás: 3 - José García Cancela: 1
Pablo Pérez Romaní / Guillermo Maneiro Currás: 2 - Andrés Fajín Guerra / Alberto Noya Iglesias: 3
Adrián Pérez Romaní: 0 - Alberto Noya Iglesias: 3
Guillermo Maneiro Currás: 1 - Andrés Fajín Guerra: 3
Pablo Pérez Romaní: 3 - José García Cancela: 0

Unha vez máis, por mor dun individual e mais dun dobles apretado non fomos quen de facer máis de dous puntos. O equipo visitante vai primeiro na clasificación e teñen un equipo moi bo, xogadores con moi boa pegada e ademáis bos sacadores.

3ª G:

ARTEAL VENTANAS "C": 3 - IES VIRXE DO MAR "B": 4

Óscaar López Domínguez: 1 - Venancio González Caamaño: 3
Lois López Blanco: 2 - Ignacio Carnota Blanco: 3
Uxía López Blanco: 3 - Sergio Insua: 1
Belén Calvo Martí / Lois López Blanco: 1 - Ignacio Carnota Blanco / Venancio González Caamaño: 3
Lois López Blanco: 3 - Venancio González Caamaño: 1
Óscar López Domínguez: 3 - Sergio Insua: 1
Uxia López Blanco: 1 - Nacho Carnota Blanco: 3

Dous merecidos puntos máis para a clasificación. O equipo visitante, con todo, tuvo a baixa de Belén á hora de xogar os individuais, por unha seria lesión da xogadora no dedo. Lois tamén se atopaba en baixa forma pola falta de entrenamento. Todos estos contratempos xogaron ao noso favor, polo que non nos debemos confiar para a segunda volta, na cal posiblemente, como xornada final da liga, saquen todo o seu arsenal. Bo xogo por parte de Nacho e Venancio, este último con evidentes problemas á hora de xogar contra picos, os cales lle costaron o partido contra Lois.

13/2/11

8ª XORNADA DE LIGA 2ª G E 3ª G

2ª G:

ANDEIRO: 4 - IES VIRXE DO MAR "A": 3

Indalecio Vázquez París: 3 - Adrián Pérez Romaní: 0
Antonio Suárez Gerpe: 3 - Guillermo Maneiro Currás: 2
Pedro Ibáñez Brillas: 0 - Pablo Pérez Romaní: 3
Indalecio Vázquez París / Antonio Suárez Gerpe: 2 - Pablo Pérez Romaní / Guillermo Maneiro Currás: 3
Antonio Suárez Gerpe: 3 - Adrián Pérez Romaní: 0
Indalecio Vázquez París: 3 - Pablo Pérez Romaní: 0
Pedro Ibáñez Brillas: 1 - Guillermo Maneiro Currás: 3

Boa xornada na que só nos faltou gañar o individual de Guillermo contra Antonio para levar a victoria, aínda que cómpre dicir que tal como estaban as cousas non contabamos con facer o punto de dobres, foi algo realmente inesperado, pois nin Pablo nin Guillermo foron capaces de gañar nos individuais a Indalecio ou a Antonio, e sen embargo sí o conseguiron no dobres.
Como dato de gran interese, a posibilidade de permanencia do equipo en 2ª galega é cada vez maior, xa que parece ser que nesta tempada non se vai determinar o descenso dos equipos polos resultados dunha liguilla de descenso. No canto diso, descenden a 3ª galega os 2 últimos equipos de cada grupo, que noso caso actualmente son Conxo Ponte de Ferro e Hípica Metrosidero. É de vital importancia pois, gañar nesta segunda volta aos dous equipos, ademáis, se agora cae algunha xornada inesperada do noso favor, serán dous puntos que nos alonxen máis deses dous últimos postos.

3ª G:

IES VIRXE DO MAR "B": 2 - ANGEPÓN: 5

Manoel Severiano Pérez García: 0 - Gonzalo Martínez: 3
Venancio González Caamaño: 0 - Esteban Lema: 3
Martín López Tomé: 2 - Jesús Ferreiro: 3
Venancio González Caamaño / Manoel Severiano Pérez García: 3 - Jesús Ferreiro / Andrés Bouzas: 0
Venancio González Caamaño: 2 - Gonzalo Martínez: 3
Aitor Alonso Méndez: 2 - Jesús Ferreiro: 3
Sergio Agraso Graciano: 3 - Andrés Bouzas: 1


Este foi, sen lugar a dúbidas, o set do encontro. Nel Venancio empezou con 2-0 abaixo contra Gonzalo, o número 1 do equipo rival que gañara a Manoel dunha maneira apabullante. Os dous primeiros sets de Venancio foron por esa línea, o xogador de Vimianzo fíxoos sen deixarlle a Venancio moitas posibilidades. Foi no terceiro set cando Venancio empezou a coller a iniciativa de todos os puntos, aproveitando a debilidade do xogador rival de ter que recuar cara atrás sempre que o seu rival era o primeiro en atacar. Venancio demostrou ter moito sangue frio para rematar bolas en momentos clave sen que lle tremera a man o máis mínimo. Así chegaron no terceiro set a un 10-8, pero para o xogador rival. Os seguintes 4 puntos foron unha mostra de entereza, pois moitos nesas situacións comezarían a cortar bolas por medo a perder o punto, craso erro, pois Venancio, seguindo coa tónica do partido que tan bo resultado lle deu, non fallou ningunha das bolas que atacou. Os dous primeiros puntos cara o 10-10 foron propiciados por golpes frenéticos de Gonzalo, ansioso por acabar o partido. Chegados a este resultado, foi Venancio o que se gañou ese set, e coa mesma iniciativa, fixo o seguinte set entre os aplausos entusiasmados dos que ali estabamos. Unha mágoa que o derradeiro set de desempate caera a favor do xogador rival. Posiblemente se Venancio non regalase os dous primeiros sets concentrándose dende o primer momento tería un par de oportunidades máis de acadar o seu terceiro set. O primeiro vídeo abarca o terceiro set ata o 10-10, ao final do cal Andrés pediu tempo para concienciar a Venancio da necesidade de facer no seguinte punto un bo resto sobre o revés do rival. E cal foi a nosa sorpresa que ese resto foi gañador e contundente, un punto épico que provocou furor no banquillo (deste punto non temos ningunha grabación). O segundo vídeo é do punto co que Venancio sentenciou o set. A pesar de todas estas louvanzas, é certo tamén que o outro individual de Venancio contra Esteban deixou moito máis que desexar, pois as cortadas do representante do equipo de Zas semellaban ter demasiado efecto para o noso xogador, que as mandaba case todas á rede. Os individuais xogados por Martín e Aitor tamén nos deixaron cun mal sabor de boca, pois nos dous se puxeron 2-1 en sets por diante contra Jesús, e nos dous foron incapaces de pechar o partido. Aínda que é un equipo moi compensado, é necesario que todos os nosos integrantes tomen partidos como o de Venancio como un modelo de concentración, pois tanto Aitor como Martín semellan deixarse levar moito polas impresións do partido, especialmente en situacións apretadas, o cal diminúe o seu rendemento por unha falta de concentración.