27/3/11

16ª XORNADA DE LIGA 2ª G E 3ª G

2ª G:

HÍPICA METROSIDERO: 2 - IES VIRXE DO MAR "A": 5

Francisco Fuentes Rodríguez: 1 - Guillermo Maneiro Currás: 3
Pablo Aboy Nieto: 3 - Adrián Pérez Romaní: 0
Jacobo Rodríguez Fernández: 1 - Pablo Pérez Romaní: 3
Jacobo Rodríguez Fernández / Pablo Abloy Nieto: 0 - Pablo Pérez Romaní / Guillermo Maneiro Currás: 3
Pablo Aboy Nieto: 1 - Guillermo Maneiro Currás: 3
Francisco Fuentes Rodríguez: 0 - Pablo Pérez Romaní: 3
Jacobo Rodríguez Fernández: 3 - Adrián Pérez Romaní: 1

A última vitoria acadable desta tempada, pois non agardamos obter bos resultados contra Andeiro e Dubratambre, as dúas xornadas restantes. O encontro contra o club coruñés tivo momentos tensos, en boa medida propiciados por certas inxustizas do arbitro que supervisou o encontro, que tendía a desfavorecer nas súas decisións ao clube local. Con estes dous puntos para a clasificación, e tendo en conta a derrota de Conxo frente ao Liceo Senior de Noia, a permanencia parecer ser xa unha realidade. Toca agora desfrutar das dúas xornadas restantes e empezar dende xa a prepararnos para a próxima tempada 2011-2012, na cal non pensamos alterar a nosa plantilla o máis mínimo, sendo a posta a punto de Adrián a nivel competitivo a nosa maior prioridade.

3ª G:

OROSO - ZAPATERÍA RIAL: 3 - IES VIRXE DO MAR "B": 4

José Manuel Regueiro: 2 - Venancio González Caamaño: 3
Tomás Pasín: 2 - Martín López Tomé: 3
Eloy Raña: 3 - Sergio Agraso Graciano: 1
José Manuel Regueiro / Eloy Raña: 3 - Venancio González Caamaño
/ Martín López Tomé: 2
José Manuel Regueiro: 1 - Martín López Tomé: 3
Eloy Raña: 3 - Venancio González Caamaño: 2
Tomás Pasín: 2 - Sergio Agraso Graciano: 3

Xornada de infarto pola multitide de partidos desputados ata o 5º xogo. Compensamos o 7-0 que o equipo de Sigüeiro nos encaixara na primeira volta na nosa casa, en boa medida gracias á ausencia desta vez de Simón Raña. Compre destacar o grande mérito de Martín e Sergio ao gañar a José Manuel e a Tomás respectivamente, sendo o de Sergio o partido de peche do encontro. Moitas felicidades ao equipo de 3ª por dar a sorpresa contra un dos equipos mellor preparados do seu grupo. Xunto á de Ribadumia e á da Pobra, esta é a terceira sorpresa que os nosos pequenos dan con respecto á primeira volta, e desexámoslle que volva haber outra máis, ben contra os de Vimianzo, ben contra o Arteal de Santiago. Moita sorte a todos!

26/3/11

15ª XORNADA DE LIGA 2ª G

2ª G:

IES VIRXE DO MAR "A": 4 - ANORTHOSIS VIMIANZO: 3

Adrián Pérez Romaní: 1 - Miguel Rey: 3
Guillermo Maneiro Currás: 3 - Marcelino Túñez de la Barrera: 0
Pablo Pérez Romaní: 2 - Roi Martínez: 3
Pablo Pérez Romaní / Guillermo Maneiro Currás: 3 - Roi Martínez / Miguel Rey: 0
Guillermo Maneiro Currás: 3 - Miguel Rey: 0
Adrián Pérez Romaní: 1 - Roi Martínez: 3
Pablo Pérez Romaní: 3 - Marcelino Túñez de la Barrera: 0

Segunda inesperada sorpresa que nos coloca un paso por diante do equipo de Conxo, o cal perdeu contra o equipo de Dubratambre, quedando dous puntos detrás nosa. Moi bo partido por parte dos nosos, que incluso puideron sentenciar o encontro cun 5-2, se Pablo non deixase escapar nun partido fatídico o 2-0 a favor que acadou frente ao número 1 do equipo visitante. De todas formas, a baixa de Marcelino por un problema de espalda supuxo unha desventaxa importante para os de Vimianzo. Restan só 3 xornadas para cada equipo. As do IES son Hípica, Andeiro e Dubrtambre, mentras que as de Conxo son Liceo, Oleiros B e Oleiros C. Se gañamos para a semana a Hípica e os nosos veciños do Liceo Senior gañan a Conxo, poñerémonos a 4 puntos deles, sendo xa imposible alcanzarnos nas dúas xornadas que quedarían.

3ª G:

IES VIRXE DO MAR "B": 1 - A.D. DUBRATAMBRE "2": 6

Ignacio Carnota Blanco: 0 - Olaya Domínguez Quijo: 3
Sergio Insua: 0 - Araceli Liñares Domínguez: 3
Venancio González Caamaño: 3 - Susana García Cancela: 1
Venancio González Caamaño
/ Ignacio Carnota Blanco: 0 - Olaya Domínguez Quijo / Araceli Liñares Domínguez: 3
Ignacio Carnota Blanco: 0 - Araceli Liñares Domínguez: 3
Aitor Alonso Méndez: 0 - Olaya Domíngez Quijo: 3
Sergio Agraso Graciano: 0 - Susana García Cancela: 3

Unha xornada case impecable para as boas xogadoras de Portomouro, que merecen claramente o ascenso. Só Venancio puntuou xogando un bo partido contra a súa número 3, o resto dos puntos cedémosllos sen opoñer moita resistencia.

14ª XORNADA DE LIGA 2ª G

2ª G:

IES VIRXE DO MAR "A": 4 - BREOGÁN OLEIROS "B": 3

Adrián Pérez Romaní: 0 - Antonio Luis González Rodríguez: 3
Guillermo Maneiro Currás: 2 - Diana Gómez Araneda: 3
Pablo Pérez Romaní: 3 - Jesús Valiño: 0
Pablo Pérez Romaní / Guillermo Maneiro Currás: 1 - Antonio Luis González Rodríguez / Diana Gómez Araneda: 3
Adrián Pérez Romaní: 1 - Diana Gómez Araneda: 3
Pablo Pérez Romaní: 0 - Antonio Luis González Roríguez: 3
GUillermo Maneiro Currás: 3 - Jesús Valiño: 1

A sorpresa deu chegado na xornada 14, gañando ao breogán oleiros que pola metade da liga optaba case ao ascenso. Esta victoria poría punto e final á nosa disputa do antepenúltimo e salvador posto no cuadro, de non ser porque os de Conxo deron dúas sorpresas moi desfavorables na liga, ao gañar a Vimianzo por 5-2 e a Andeiro por 4-3. A sorpresa da vitoria converteuse nunha necesidade, que nos podería deixar fora de xogo de non producirse. En resumidas contas, o IES Virxe do Mar está empatado en puntos co equipo de Conxo, sendo o empate favorable aos nosos no peor dos casos. Restan só 4 xornadas e a dinámica vai ser a seguinte: por cada partido que gañe Conxo, nos estaremos obrigados a gañar o noso para compensalo. A diferencia e que aos de Conxo quédanlles as xornadas de Dubratambre, Liceo, Oleiros B e Oleiros C; a nós, Vimianzo, Hípica, Andeiro e Dubratambre. A sorte está botada.

13ª XORNADA DE LIGA 2ª G E 3ª G

2ª G:

ARTEAL VENTANAS "B": 5 - IES VIRXE DO MAR "A": 2

Eric Fagundes otero: 3 - Adrián Pérez Romaní: 0
Andrés Segade Gómez: 0 - Guillermo Maneiro Currás: 3
José Fernández Alborés: 3 - Pablo Pérez Romaní: 0
Eric Fagundes Otero / José Fernández Alborés: 3 - Pablo Pérez Romaní / Guillermo Maneiro Currás: 1
Andrés Segade Gómez: 3 - Adrián Pérez Romaní: 0
Eric Fagundes Otero: 3 - Pablo Pérez Romaní: 1
José Fernández Alborés: 2 - Guillermo Maneiro Currás: 3

Unha vez máis, o equipo santiagués gáñanos cunha grande ventaxa, sendo os únicos puntos ben logrados os de Guillermo, pois Pablo non foi capaz de puntuar contra os seus rivais. Dentro do que cabe esta derrota era prevista e non nos afecta significativamente. Deberemos aínda así seguir arrecadando puntos para manter a distancia entre o noso equipo e o de Conxo. O miolo desta segunda volta aínda está por chegar.

3ª G:

IES VIRXE DO MAR "B": 4 - ADECO-DEA TM: 3

Ignacio Carnota Blanco: 3 - José Barro Guldrís: 0
Sergio Insua: 3 - Alberto González García: 1
Venancio González Caamaño: 3 - María González Mariño: 1
Ignacio Carnota / Manoel Severiano García Pérez: 3 - Alberto González García / María González Mariño: 0
Martín lópez Tomé: 0 - José Barrio Guldrís: 3
Sergio Agraso Graciano: 0 - María González Mariño: 3
Aitor Alonso Méndez: 0 - Alberto González García: 3

Redimidos quedamos do partido da primeira volta, no que non contabamos co noso mellor equipo. Desta vez os nosos acadaron ese 4-0 sen moitos problemas, deixando paso a 3 xogadores que pese a garantía de ter o encontro gañado, non foron capaces de marcar ningún set. Moi bo encontro que nos axudará a manternos pola metade do cuadro á que aspiramos chegar.