21/4/08
14/4/08
Xornada 18: E.D.X. Oroso - IES Virxe do Mar
Achegabámonos esta última xornada a Sigüeiro para xogar diante do potente EDX Oroso. Aínda que nalgún momento fomos quen de ofrecer algunha resistencia, o resultado de 4-0, favorable aos intereses locais, reflicte ben ás claras a superioridade do equipo de Oroso. A nosa alineación desta volta foi : Inés - Pablo - Guillermo.
Malia esta derrota, rematamos a competición nunha 4ª posición superando todas as expectativas que tiñamos ao principiar esta andaina.
Dende o noso blog queremos felicitar a todos os xogadores, adestradores e directiva do E.D.X. xa que rematan esta liga no primeiro lugar da táboa clasificatoria acadando un merecido ascenso á 2º división galega.

6/4/08
ADECO Pobra - IES Virxe do Mar
O domingo 6 de abril, no Polideportivo municipal da Pobra do Caramiñal, agardaba por nós o encontro diante do Adeco Pobra correspondente á xornada 17 da 3ª División Galega.
A nosa alineación desta volta foi a seguinte: Brais Canosa, Guillermo Maneiro e Pablo Pérez.
O partido resultou por momentos moi disputado aínda que ao remate do mesmo o taboleiro reflectía un 1-4 favorable aos nosos intereses.
Logo desta vitoria continuamos situados na cuarta posición da táboa clasificatoria en espera da última e definitiva xornada.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)