4/5/09

Cruce polo 5º e 6º posto pola cola. 1º encontro

I.E.S. VIRXE DO MAR -4- / CAMBRE T.M. -3-

Velaquí a xornada que levabamos tanto tempo agardando. Por fin o 4-3 caeu do noso lado. Unha acta para recordar, tendo en conta que nos presentábamos o domingo ás 11 da mañá cun xogador menos e cunha carga máis, a necesidade de acadar o mellor resultado posible. Polo noso instituto xogaron: Pablo Pérez, Inés Vázquez e Andrés Vázquez -en substituición de Guillermo Maneiro-. Os de Cambre presentaron a Juan José Redondo (o xefe do equipo de Cambre, máis coñecido como "Lóstrego"), a Santiago Brandariz e a José Pontigo. Este foi o resultado:


CAMBRE TM-3 IES VIRXE DO MAR-4


A) Juan José Redondo-3 Y) Andrés Vázquez-0
B) Santiago Brandariz-2 X) Pablo Pérez-3
C) José Pontigo-2 Z) Inés Vázquez-3
Db) Juan José Redondo/José Pontigo-2 Db) Pablo Pérez/Inés Vázquez-3
A) Juan José Redondo-3 X) Pablo Pérez-2
C) José Pontigo-3 Y) Andrés Vázquez-0
B) Santiago-1 Z) Inés Vázquez-3


Un resultado bastante frustrante para o equipo local, xa que gañaron máis xogos ca o noso equipo (16 fronte a 14) e, sen embargo, non levaron a vitoria.

Dentro do equipo de Cambre, os xogadores José e Santiago utilizaron palas de picos que lles fixeron moito dano aos nosos xogadores, en especial a Pablo. Os partidos Pablo-Santiago, Inés-José e o dobles foron de vital importancia para chegarmos a este resultado. O xefe do clube, Lóstrego, mostrou un nivel técnico incrible. O seu partido contra Pablo estivo moi axustado e, no momento do 2-1 para o noso xogador o encontro puido acabar aí, pero Lóstrego cambiou a súa técnica de xogo e remontou o enfrontamento. O partido Inés-José foi xustamente ao revés, Inés remontou un 2-1 adverso gracias a un bo consello no 3º descanso, que lle axudou a restar mellor o complicado saque do rival, que lle valera tantos puntos.

Cómpre salientar que neste encontro bateuse un récord certamente curioso. No enfrontamento Pablo-Santiago, o 4º set levou aos dous xogadores a unha situación de vantaxes continuas na que se chegou ao incrible resultado de 54 puntos. O resultado, un 28-26 en contra, quedou plasmado nunha fotografía tomada ao final do set, adxunta nesta crónica.

Queda pois, solo desexarlle aos nosos xogadores moitísima sorte no seguinte enfrontamento deste cruce co equipo de Cambre. Un enfrontamento no que esperamos contar con Guillermo, e que creemos poder afrontar, pelexando duramente por ese ansiado 6º posto pola cola.

2/5/09

Contra a espada e a parede

A 2ª fase remata para o noso equipo de 2ª división galega cunha soa victoria acadada fronte ao equipo vigués. A clasificación déixanos en 3º lugar pola cola, sendo conscientes de que comezamos esta 2ª volta cunha aplastante vantaxe sobre os demais equipos, vantaxe que non obstante non fomos quen de manter. A nosa sorte está nas mans da Federación. Non obstante, queda aínda un cruce - a disputar o vindeiro domingo 3 de maio - que poderá favorecer a decisión da organización para manternos na 2ª división para o ano que vén, xa que estaremos a xogarnos co equipo de Cambre o 5º e o 6º posto pola cola, de importancia vital tendo en conta que poden descender ata 3 equipos de cada grupo. Cómpre pois, loitar por esta pequena posibilidade de permanencia.

Por desgracia, Guillermo, xogador da nosa reducida plantilla non está dispoñible nesta ponte de maio por vacacións. Confiamos pois en que Pablo e Inés poidan substituir a súa labor e obter, aínda incluso dentro da derrota, un bo resultado.