16/8/08

No verán non descansamos!!

Crónica enviada por Pablo Pérez
Inés Vázquez, xogadora e estudante do noso centro, o IES Virxe do Mar, acadou o título de subcampiona no torneo de Oleiros de tenis de mesa na modalidade de femenino cadete.Parabéns para Inés e para os seus adestradores Andrés Vázquez, Rubén Seijo e un servidor.
Compre sinalar que os demáis xogadores do equipo están a disfrutar dunhas merecidas vacacións (algúns,nos que me inclúo,na tranquila vila de Portosín).Agardamos que todos volvamos en forma para dar guerra na vindeira tempada nas ligas de 2ª e 3ª división.

10/7/08

Asemblea Xeral da FGTM

O vindeiro 29 de xullo en Santiago de Compostela está convocada a ASEMBLEA XERAL ORDINARIA DA FEDERACIÓN GALEGA DE TENIS DE MESA.
Non estaremos descoidados!!.Alí xogarase o noso futuro na tempada 08/09. Unha das decisións que se tomarán será a nova estructura das ligas galegas.Ese día é posible que saibamos se os nosos equipos competirán na 3ª división galega ou un deles poderá competir na 2ª.
Agardamos a decisión co devezo de ter a oportunidade de acadar un agardado ascenso de categoría.

-Orde do día-
1. Lectura e aprobación, si procede, do Acta da Asemblea anterior.
2. Resumo de actividades da Tempada 2007 – 2008.
3. Contas do exercicio 2008.
4. Actividades da Tempada 2008 – 2009.
5. Orzamentos do ano 2009.
7. Informe disciplinario do Xuíz único
8. Propostas que se presenten á Asemblea Xeral.
9. Rogos e preguntas.
Para ver a orde da convocatoria na súa totalidade premer na ligazón.

30/6/08

Inés na Selección Galega

A nosa extraordinaria xogadora Inés Vázquez formou parte da selección infantil que representou a Galicia nos Campionatos de España celebrados en Avilés dendo o 24 ao 29 de xuño.
Diante das potentes seleccións de Andalucía,Cataluña e Madrid as nosas tiveron unha actuación máis que aceptable.
Durante a semana Inés continuou acadando unha experiencia competitiva que nos virá moi ben de cara a vindeira tempada.Ademais por suposto de disfrutar dunha semana de lecer que ben que mereceu. Noraboa polo teu traballo Inés !!

8/6/08

Campionatos galegos

O noso equipo participou nos Campionatos galegos o pasado 15 de xuño na localidade de Cambados.A competición disputouse por parellas masculinas,femininas e mixtas.
Os nosos acudiron a cita co ánimo de aprender e calibrar o seu nivel diante dos mellores xogadores/as de Galicia.
Da nosa participación hai que destacar o segundo posto acadado en dobres femininos,categoría infantil,por Inés Vázquez quen disputou a competición formando parella coa xogadora Andrea Valiño do C.T.M Oleiros. Non podemos esquencer tampouco o estupendo nivel competitivo no que están Guillermo Maneiro e Pablo Pérez quenes manteñen a súa progresión ascendente. Noraboa aos tres.
Tamén temos que felicitar aos alumnos do centro Jacobo Creo e Jorge Canosa (que xogou os dobres mixtos con Inés) quenes desta volta representaban á Sociedade Liceo de Noia.

4/6/08

Noraboa Inés !!

Xa temos ocasión de felicitar de novo a nosa xogadora Inés Vázquez. Desta volta pola súa inclusión na Selección Galega infantil que disputará o Campionato de España.Os seleccionadores F.Padín e V.Malov tomaron a acertada decisión de incluíla no equipo xunto coas xogadoras Cristina Barreiro e Raquel Martínez.A competición terá lugar na localidade asturiana de Avilés dende o 25 ao 29 de xuño.Parabéns para Inés e os seus adestradores Andrés e Rubén!!