23/2/09

Xornada 16

2ª División-grupo descenso 2 - 2ª xornada
Local: Pavillón Romarigo (Cangas do Morrazo)
Cinania Ralarsa: 4 - ANPA IES Virxe do Mar: 3
Alineación: Guillermo-Pablo-Adrián / Dobres: Guillermo-Pablo

A 2ª xornada desta segunda fase tampouco foi proveitosa para o noso equipo.
Presentabamos a xogar na vila de Cangas diante do Cinania coa baixa de Inés que tivo que ser substituída por Adrián (xogador do equipo da 3ª división)..
O encontro foi igualado como demostra o 4-3 final favorable aos de Cangas.
Malia esta derrota continuamos liderando a clasificación que cada vez se apreta máis polo que non pode pasar outra xornada sen acadar unha vitoria.
Como dato positivo compre sinalar que Guillermo Maneiro e Pablo Pérez ocupan a 4ª e 5ª posición no ranking individual da competición.


3ª División-grupo centro- 16ª xornada
Local: Ximnasio Colexio Arealonga
Liceo Casino Junior: 4 - ANPA IES VIRXE DO MAR: 1
Alineación: Manoel-Alberto- Nacho / Dob: Manoel- Nacho

Na xornada 16 da competición, tocounos visitar a cancha do Liceo Casino Junior de Vilagarcía. Coñeciamos a gran diferencia que hai neste momento entre os vilagarciáns, que encabezan a clasificación, e nós. O resultado final de 4 a 1 favorable aos locais, fala ben as claras desa circunstancia.
Foi un partido para aprender e continuar mellorando.
O noso único punto foi acadado por Nacho. Sinalar que Alex continúa lesionado e Adrián xogou nesta xornada co equipo da 2ª división.

15/2/09

Xornada 15

2ª división - grupo descenso 2- 1ª xornada
Local: IES Virxe do Mar-Noia
ANPA IES VIRXE DO MAR: 3 - Liceo Casino Tui: 4
Alineación: Guillermo-Pablo-Inés/ Dobles: Inés-Pablo

Comezabamos a segunda fase da competición diante do Liceo Casino Tui coa esperanza de acadar a vitoria. Os comezos foron bos xa que nos puxemos 2-0 por diante deles. Pero logo dunha moi boa reacción do equipo visitante o resultado final foi dun 3-4 ao seu favor. Este resultado xa nos indica o igualada que vai ser a competición nesta segunda fase. Polos nosos é de destacar a actuación de Pablo gañando os seus dous enfrontamentos individuais.
Malia este resultado continuamos encabezando a clasificación con 4 puntos de vantaxe sobre o segundo grazas á nosa inmellorable primeira fase.

3ª división - grupo centro - xornada 15
Local: IES Virxe do Mar-Noia
ANPA IES VIRXE DO MAR"B": 4 - Liceo Casino Villagacía: 1
Alineación: Adrián-Manoel-Nacho/ Dobles: Adrián-Pablo
Magnífica actuación do equipo. Con este resultado acadamos a cuarta vitoria da temporada. Pero o mellor é ver a evolución no xogo que xornada a xornada amosan os nosos xogadores. Todos estiveron a gran nivel pero aínda así é de destacar a actuación de Adrián que cun xogo moi dinámico acadou 2 vitorias individuais e colaborou na de dobres.

11/1/09

Xornada 12

Comezamos un ano 2009 cun enfrontamento dobre diante dos potentes equipos do Arteal que visitaban a nosa cancha.
Na 2ª división o resultado foi un contundente 0-4 favorable aos de Santiago.Solo Guillermo (2) e Inés (1) foron quen de facerlles algún xogo a un equipo que aínda está un chanzo por riba de nós. O equipo desta volta xogou con Guillermo (X) - Pablo (Y)-Inés (Z) e o dobre con Guillermo e Inés.
Na 3ª división ofrecemos máis resistencia pero o resultado final foi tamén un 0-4 favorable a Arteal Orballo. Xogaron polos nosos Adrián (A)-Nacho (B)-Manoel (C) e a parella de dobres estivo formada por Adrián e Nacho. Neste encontro fomos quen de facer 5 xogos con unha aceptable actuación dos nosos xogadores.

5/12/08

Clasificatorios Campionato España

Inés Vázquez e Pablo Pérez acuden esta fin de semana a Narón para disputar a fase clasificatoria dos Campionatos de España - zona Norte.
Inés forma parte do grupo 4 infantil xunto con xogadoras de Castela e León, Euskadi, Madrid e Galicia.
Pablo está encadrado no
grupo 3 xuvenil. Competirá con xogadores de Castela León, Madrid e Galicia.
Agardamos para eles unha boa competición. Boa sorte.

4/12/08

9ª xornada

2ª división
Local: IES Virxe do Mar - Noia
ANPA IES VIRXE DO MAR: 2 - INSUCARPI: 4
Alineación: Guillermo-Pablo-Inés / db: Guillermo-Inés

Resultado agardado. Xogabamos diante do líder da categoría. Antes de empezar xa nos dobraba en puntuación na clasificación.
Así e todo o equipo estivo competitivo como demostran os dous partidos gañados. Dúas partidas que poden ser importantes na resolución de posibles empates con outros equipos ao final da competición.
A vindeira xornada teremos un partido moi importante diante do Ribadumia, un dos nosos rivais directos para acadar incorporarnos ao gurpo de 4 equipos que loitarán polo ascenso á 1ª división.

3ª división
Local: IES Virxe do Mar - Noia
ANPA IES VIRXE DO MAR: 4 - MONTEPORREIRO MIXTO : 1
Alineación: Alex-Manoel-Nacho / db: Alex-Benxamín

Xa era hora!!. Segunda victoria da tempada nun encontro completo do equipo. Sabemos que non estamos ao nivel dos primeiros pero que frente a equipos de similar potencial que o noso damos a talla, sabemos competir e imos recolleitando puntos.
Con este partido remata a 1ª volta cun balance positivo. Fomos de menos a máis e agardamos que a segunda parte sigamos mantendo esta pregresión. Parabéns a todo o equipo pola vosa ilusión, perseverancia e traballo.