14/4/08

Xornada 18: E.D.X. Oroso - IES Virxe do Mar

Achegabámonos esta última xornada a Sigüeiro para xogar diante do potente EDX Oroso. Aínda que nalgún momento fomos quen de ofrecer algunha resistencia, o resultado de 4-0, favorable aos intereses locais, reflicte ben ás claras a superioridade do equipo de Oroso. A nosa alineación desta volta foi : Inés - Pablo - Guillermo.
Malia esta derrota, rematamos a competición nunha 4ª posición superando todas as expectativas que tiñamos ao principiar esta andaina.
Dende o noso blog queremos felicitar a todos os xogadores, adestradores e directiva do E.D.X. xa que rematan esta liga no primeiro lugar da
táboa clasificatoria acadando un merecido ascenso á 2º división galega.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

veña...xa acabou a liga...non esta mal para ser o noso debut.Este sábado volvemos a Oroso (provinciales.NON NOS IREMOS DE ALÍ SEN GAÑAR NADA!!!jajaja.sorte equipo!

Anónimo dijo...

son elisa e pauchy e keremos facer un ekipo femenino de tenis de táboa para o ano.veña fernando...podemos tamén ir a provinciales este sábado?

Anónimo dijo...

Saudos dende Oroso e felicidades polo blog e polo excelente 4º posto na liga. Estou segura que o ano que ven verémosnos en 2ª Galega.

Sorte. Nuria