23/2/09

Xornada 16

2ª División-grupo descenso 2 - 2ª xornada
Local: Pavillón Romarigo (Cangas do Morrazo)
Cinania Ralarsa: 4 - ANPA IES Virxe do Mar: 3
Alineación: Guillermo-Pablo-Adrián / Dobres: Guillermo-Pablo

A 2ª xornada desta segunda fase tampouco foi proveitosa para o noso equipo.
Presentabamos a xogar na vila de Cangas diante do Cinania coa baixa de Inés que tivo que ser substituída por Adrián (xogador do equipo da 3ª división)..
O encontro foi igualado como demostra o 4-3 final favorable aos de Cangas.
Malia esta derrota continuamos liderando a clasificación que cada vez se apreta máis polo que non pode pasar outra xornada sen acadar unha vitoria.
Como dato positivo compre sinalar que Guillermo Maneiro e Pablo Pérez ocupan a 4ª e 5ª posición no ranking individual da competición.


3ª División-grupo centro- 16ª xornada
Local: Ximnasio Colexio Arealonga
Liceo Casino Junior: 4 - ANPA IES VIRXE DO MAR: 1
Alineación: Manoel-Alberto- Nacho / Dob: Manoel- Nacho

Na xornada 16 da competición, tocounos visitar a cancha do Liceo Casino Junior de Vilagarcía. Coñeciamos a gran diferencia que hai neste momento entre os vilagarciáns, que encabezan a clasificación, e nós. O resultado final de 4 a 1 favorable aos locais, fala ben as claras desa circunstancia.
Foi un partido para aprender e continuar mellorando.
O noso único punto foi acadado por Nacho. Sinalar que Alex continúa lesionado e Adrián xogou nesta xornada co equipo da 2ª división.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Otra vez mas los que creian k iban a ir de abusones en la liga de descenso se quedan a las puertas con otra derrota por 4-3.
Veredicto:

Adrián......culpable. XD

Anónimo dijo...

ainssss...modestia señores, modestia, eso e que fai grande a un equipo a modestia e o saber xogar, pero a modestia...Fernando seleccion, Fernando seleccion

p.d: teño 3 anos de ahi que non poña tildes