16/10/10

3ª XORNADA DE LIGA 2ª G E 3ª G

2ªG:

BREOGÁN OLEIROS "C": 3 - IES VIRXE DO MAR "A": 4

Alberto Doval Loureda: 3 - Adrián Pérez Romaní: 0
Andrea Valiño Rodríguez: 0 - Pablo Pérez Romaní: 3
Óscar Doval Loureda: 2 - Guillermo Maneiro Currás: 3
Alberto Doval Loureda / Andrea Valiño Rodríguez: 3 - Pablo Pérez Romaní / Guillermo Maneiro Currás: 1
Andrea Valiño Rodríguez: 3 - Adrián Pérez Romaní: 0
Alberto Doval Loureda: 0 - Guillermo Maneiro Currás: 3
Óscar Doval Loureda: 1 - Pablo Pérez Romaní: 3

Non era sin tempo. Por fin chegaron os dous primeiros puntos para a clasificacion que non dabamos acadado. Un encontro tenso no que nos vimos desesperados en tres ocasións: a primeira, cando Óscar estaba a un set de gañar a Guillermo antes do dobles, sendo capaz o noso xogador de remontar a situación con moi boa cabeza e perseverancia, valorando cada punto que caia do noso bando; a segunda, que non puidemos evitar, foi a derrota nese fatídico dobles, no que os nosos xogadores mostraron unha gran pasividade ofrecendo un xogo máis que lamentable fronte a un equipo de dobres que carecia do seu mellor xogador, Óscar, quen se absteu de participar coa intención de prepararse para o que iba a ser o seu partido final contra Pablo; e a terceira, cando despois de perder dito dobres, nos viamos na obriga de gañar tanto o partido Guillermo - Alberto como o complicado Óscar - Pablo. O primeiro caeu facilmente do noso bando, mais o segundo foi unha verdadeira sorpresa, pois o noso xogador demostrou bastante entereza fronte á súa peor debilidade: a presión do último partido frente ao preparado capitán do equipo rival. As victorias de Pablo e Guillermo fronte a el foron sen dúbida a clave deste triunfo. Pola contra debemos animar a Adrián, que segue sen dar resultados na liga, e nos segue obrigando a regalar 2 puntos aos que de momento foron todos os nosos equipos rivais na liga. Esta situación debe ser arranxada urxentemente antes da segunda volta, momento no que teremos a oportunidade de redimir algúns dos 4-3 en contra que teremos encaixados para entón.

3ªG:

IES VIRXE DO MAR "B": 3 - CAFÉ-BAR ROXIBE: 4

Manoel Severiano Pérez García: 2 - José Antonio Sanmartín Gil: 3
Ignacio Carnota Blanco: 2 - Ángel Padín Cores: 3
Sergio Agraso Graciano: 0 - Iván Álvarez García: 3
Manoel Severiano Pérez García / Ignacio Carnota Blanco: 3 - Ángel Padín Cores / Iván Álvarez García: 1
Ignacio Carnota Blanco: 3 - José Antonio Sanmartín: 2
Manoel Severiano Pérez García: 3 - Iván Álvarez García: 2
Sergio Agraso Graciano: 1 - Ángel Padín Cores: 3

Perfecto encontro para que os nosos xogadores se topen coa realidade da liga. Esta suave derrota vai servir de motivación aos nosos xogadores para que non se durman nos laureis e vexan que non hai encontro gañado nin perdido, O que foi un 3-0 antes de chegar ao dobles foi pouco a pouco un lento camiño de remontada ata o 3-3, no que os resultados falan por si sós. Os apretados marcadores reflexan a vehemencia dos nosos xogadores fronte á relaxación dun equipo algo superior tecnicamente, que levou unha victoria moito máis dificil do que eles esperaban. Algúns dos 3-2 na primeira tanda de individuais puido caer do noso bando, pero o esforzo posto en obter esos dous pares de sets son o mellor resultado dentro da derrota que os nosos xogadores puideron levar. Moita sorte para as vindeiras xornadas!

7 comentarios:

aitor dijo...

ya veo los dos puntos "fijos" é pablo

xiareiro dijo...

Isto está empezando a camiñar de xeito lóxico para o equipo de 2ª. Nesta xornada empezaba a nosa liga e xa temos os 2 primeiros puntos no peto. Moi ben.

xiareiro dijo...

O equipo de 3ª segue no seu bo nivel. Derrota si pero .... traballo lles costou amiguiño. Este equipo vai dar moitas alegrías xa veredes.. dígovolo eu.

Pablo dijo...

xiareiro eres fernando? xD quen eres oh?

Pablo dijo...

xiareiro ( fernando ) idéntificate.

Pablo de verdad dijo...

eso ultimo non o puxen eu, puxoo aitor ¬¬

aitor dijo...

que aitor si yo no tengo la contraseña de tu cuenta de google esque hay que pensar un poquito las cosas!!!