26/3/11

15ª XORNADA DE LIGA 2ª G

2ª G:

IES VIRXE DO MAR "A": 4 - ANORTHOSIS VIMIANZO: 3

Adrián Pérez Romaní: 1 - Miguel Rey: 3
Guillermo Maneiro Currás: 3 - Marcelino Túñez de la Barrera: 0
Pablo Pérez Romaní: 2 - Roi Martínez: 3
Pablo Pérez Romaní / Guillermo Maneiro Currás: 3 - Roi Martínez / Miguel Rey: 0
Guillermo Maneiro Currás: 3 - Miguel Rey: 0
Adrián Pérez Romaní: 1 - Roi Martínez: 3
Pablo Pérez Romaní: 3 - Marcelino Túñez de la Barrera: 0

Segunda inesperada sorpresa que nos coloca un paso por diante do equipo de Conxo, o cal perdeu contra o equipo de Dubratambre, quedando dous puntos detrás nosa. Moi bo partido por parte dos nosos, que incluso puideron sentenciar o encontro cun 5-2, se Pablo non deixase escapar nun partido fatídico o 2-0 a favor que acadou frente ao número 1 do equipo visitante. De todas formas, a baixa de Marcelino por un problema de espalda supuxo unha desventaxa importante para os de Vimianzo. Restan só 3 xornadas para cada equipo. As do IES son Hípica, Andeiro e Dubrtambre, mentras que as de Conxo son Liceo, Oleiros B e Oleiros C. Se gañamos para a semana a Hípica e os nosos veciños do Liceo Senior gañan a Conxo, poñerémonos a 4 puntos deles, sendo xa imposible alcanzarnos nas dúas xornadas que quedarían.

3ª G:

IES VIRXE DO MAR "B": 1 - A.D. DUBRATAMBRE "2": 6

Ignacio Carnota Blanco: 0 - Olaya Domínguez Quijo: 3
Sergio Insua: 0 - Araceli Liñares Domínguez: 3
Venancio González Caamaño: 3 - Susana García Cancela: 1
Venancio González Caamaño
/ Ignacio Carnota Blanco: 0 - Olaya Domínguez Quijo / Araceli Liñares Domínguez: 3
Ignacio Carnota Blanco: 0 - Araceli Liñares Domínguez: 3
Aitor Alonso Méndez: 0 - Olaya Domíngez Quijo: 3
Sergio Agraso Graciano: 0 - Susana García Cancela: 3

Unha xornada case impecable para as boas xogadoras de Portomouro, que merecen claramente o ascenso. Só Venancio puntuou xogando un bo partido contra a súa número 3, o resto dos puntos cedémosllos sen opoñer moita resistencia.

No hay comentarios: