20/10/11

2ª G: 3ª xornada de liga - 3ª G: 1ª xornada de liga

2ª G:

IES Virxe do Mar "A": 4 - S.D. Hípica: 3

Inés Vázquez Rodríguez: 3 - Enrique Nine Rey: 0
Pablo Pérez Romaní: 0 - Francisco Monroy Rico: 3
Guillermo Maneiro Currás: 3 - José Gonzalo Sánchez López: 1
Inés Vázquez Rodríguez / Guillermo Maneiro Currás: 0 - Enrique Nine Rey / Francisco Monroy Rico: 3
Inés Vázquez Rodríguez: 3 - Francisco Monroy Rico: 0
Guillermo Maneiro Currás: 3 - Enrique Nine Rey: 1
Pablo Pérez Romaní: 2 - José Gonzalo Sánchez López: 3

Os primeiros dous puntos por fin caeron do noso lado, tras un primeiro derby no que o Liceo de Noia fixo despliegue da súa mellor plantilla e unha segunda xornada chea de baixas no noso equipo. Moi bo xogo de Inés e máis de Guillermo, que lograron en individuais os 4 puntos, e sen embargo non foron capaces de compenetrarse axeitadamente para acadar o do dobles. Pablo sufreu bastante co xogo dos dous veteráns aos que se enfrentou, en gran medida pola palas de picos que usaban.
Con esta xornada estrenámonos no marcadoiro e collemos folgos para comezar a acadar os máximos puntos posibles antes de que chegue decembro e a marcha de Inés nos obrigue a depender de Adrián e dos xogadores de 3ª división. Na vindeira semana acercarémonos ao concello de Oleiros para desputar o encontro contra un dos tres equipos deste clube que pertencen ao grupo noroeste. Moita sorte aos nosos xogadores.

3ª G:

Oroso Valoriza: 1 - IES Virxe do Mar "B": 6

Juan Couselo: 0 - David Rodríguez: 3
Felipe Vázquez: 2 - Aitor Alonso Méndez: 3
José Manuel Regueiro: 3 - Venancio González Caamaño: 2
Juan Couselo / José Manuel Regueiro: 1 - David Rodríguez / Venancio González Caamaño: 3
Felipe Vázquez: 0 - David Rodríguez: 3
Juan Couselo: 0 - Venancio González Caamaño: 3
José Manuel Regueiro: 2 - Aitor Alonso Méndez: 3

Magnífico debut dos nosos xogadores na liga 2011-2012. A nosa cantera impúxose ao club de veteráns, consolidando 6 dos 7 puntos a disputar. David Rodríguez abreu o encontro duramente xogando a un nivel moi superior aos dos seus rivais. Venancio flaqueou un pouco frente a José Manuel, sendo incapaz de levarse a victoria no derradeiro set. Os puntos gañados por Aitor foron reñidos e obtidos mediante remontada.
Este favorable resultado coloca aos nosos pequenos de segundos de grupo, só por debaixo doutro dos tres clubes que o clube de Oroso inscribeu en terceira galega (Panadería Sigüeiro). Esperemos que este comezo tan explosivo sirva de precedente e a moral dos nosos xogadores se manteña alta nas vinceiras xornadas.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

A cousa marcha. Dous partidos gañados para o peto. Noraboa campeóns!!

Anónimo dijo...

Toca actualizar, meu redactor favorito