2ª G:
IES VIRXE DO MAR "A": 2 - LICEO SENIOR: 5
Guillermo Maneiro Currás: 1 - Roi Sixto: 3
Pablo Pérez Romaní: 3 - Ramón Rudiño Agrafojo: 0
Adrián Pérez Romaní: 0 - Rosalino García Novo: 3
Pablo Pérez Romaní / Guillermo Maneiro Currás: 1 - Roi Sixto / Rosalino García Novo: 3
Pablo Pérez Romaní: 0 - Roi Sixto: 3
Guillermo Maneiro Currás: 0 - Rosalino García Novo: 3
Adrián Pérez Romaní: 3 - Abel Beiras: 0
Decepcionante derrota que sufrimos pola incorporación dun novo xogador imbatible á plantilla do Liceo no mes de decembro. Roi Sixto, xogador de nivel nacional que chegou a xogar nunha liga de ascenso a división de honra, foi fichado polo clube, que nolo pormetera alá por outubro pola nosa famosa necesidade do terceiro xogador, a cal nos podía costar o descenso. Lexos de cumplilo, o clube fichou para sí a Roi e estrenouno contra nós. E se xa era imposible gañar a Lino só, nin falar de gañar a un Liceo no que nin Lino é o mellor. Agora o Liceo conta con 4 ases baixo a manga, Rubén, Lino, Pablo e Roi, mentras que nós seguimos a coxear do terceiro xogador. Esperemos que pese ás dificultades que se nos veñen enriba, sexamos capaces de manternos polo menos este ano en 2ª galega, pois para o ano xa teremos tempo de cubrir a vacante do terceiro xogador, recurrindo primeiramente ao adestramento exhaustivo de Adrián, o noso terceiro provisional.
3ª G:
IES VIRXE DO MAR "B": 3 - LICEO JUNIOR: 4
Aitor Alonso Méndez: 0 - Nicolás Pérez Suárez: 3
Ignacio Carnota Blanco: 3 - David Rodríguez: 1
Sergio Agraso Graciano: 0 - Manuel Oviedo Peña: 3
Ignacio Carnota Blanco / Manoel Severiano Pérez García: 3 - David Rodríguez / Nicolás Pérez Suárez: 1
Ignacio Carnota Blanco: 3 - Nicolás Pérez Suárez: 0
Aitor Alonso Méndez: 1 - Manuel Oviedo Peña: 3
Sergio Agraso Graciano: 3 - David Rodríguez: 3
Os nosos pequenos non tiveron máis sorte. No seu caso, aínda que a alineación saiu bastante ben, nin Aitor nin Sergio foron capaces de facer o cuarto punto, nin contra Nicolás nin contra Manuel. Sergio de todas formas apretou moito os sets contra David, podendo gañar un par deles de ter un pouco máis de sorte co resto sobre o saque de David. A baixa de Venancio e a colocación de Manoel só no dobres quizás nos privaron da vitoria. De todas formas, debemos darlle tempo e paciencia aos nosos xogadores para que pronto se sobrepoñan aos do Liceo, sobre todo a Nicolás e Manuel, aos que non han tardar en gañar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario