13/2/11

8ª XORNADA DE LIGA 2ª G E 3ª G

2ª G:

ANDEIRO: 4 - IES VIRXE DO MAR "A": 3

Indalecio Vázquez París: 3 - Adrián Pérez Romaní: 0
Antonio Suárez Gerpe: 3 - Guillermo Maneiro Currás: 2
Pedro Ibáñez Brillas: 0 - Pablo Pérez Romaní: 3
Indalecio Vázquez París / Antonio Suárez Gerpe: 2 - Pablo Pérez Romaní / Guillermo Maneiro Currás: 3
Antonio Suárez Gerpe: 3 - Adrián Pérez Romaní: 0
Indalecio Vázquez París: 3 - Pablo Pérez Romaní: 0
Pedro Ibáñez Brillas: 1 - Guillermo Maneiro Currás: 3

Boa xornada na que só nos faltou gañar o individual de Guillermo contra Antonio para levar a victoria, aínda que cómpre dicir que tal como estaban as cousas non contabamos con facer o punto de dobres, foi algo realmente inesperado, pois nin Pablo nin Guillermo foron capaces de gañar nos individuais a Indalecio ou a Antonio, e sen embargo sí o conseguiron no dobres.
Como dato de gran interese, a posibilidade de permanencia do equipo en 2ª galega é cada vez maior, xa que parece ser que nesta tempada non se vai determinar o descenso dos equipos polos resultados dunha liguilla de descenso. No canto diso, descenden a 3ª galega os 2 últimos equipos de cada grupo, que noso caso actualmente son Conxo Ponte de Ferro e Hípica Metrosidero. É de vital importancia pois, gañar nesta segunda volta aos dous equipos, ademáis, se agora cae algunha xornada inesperada do noso favor, serán dous puntos que nos alonxen máis deses dous últimos postos.

3ª G:

IES VIRXE DO MAR "B": 2 - ANGEPÓN: 5

Manoel Severiano Pérez García: 0 - Gonzalo Martínez: 3
Venancio González Caamaño: 0 - Esteban Lema: 3
Martín López Tomé: 2 - Jesús Ferreiro: 3
Venancio González Caamaño / Manoel Severiano Pérez García: 3 - Jesús Ferreiro / Andrés Bouzas: 0
Venancio González Caamaño: 2 - Gonzalo Martínez: 3
Aitor Alonso Méndez: 2 - Jesús Ferreiro: 3
Sergio Agraso Graciano: 3 - Andrés Bouzas: 1


Este foi, sen lugar a dúbidas, o set do encontro. Nel Venancio empezou con 2-0 abaixo contra Gonzalo, o número 1 do equipo rival que gañara a Manoel dunha maneira apabullante. Os dous primeiros sets de Venancio foron por esa línea, o xogador de Vimianzo fíxoos sen deixarlle a Venancio moitas posibilidades. Foi no terceiro set cando Venancio empezou a coller a iniciativa de todos os puntos, aproveitando a debilidade do xogador rival de ter que recuar cara atrás sempre que o seu rival era o primeiro en atacar. Venancio demostrou ter moito sangue frio para rematar bolas en momentos clave sen que lle tremera a man o máis mínimo. Así chegaron no terceiro set a un 10-8, pero para o xogador rival. Os seguintes 4 puntos foron unha mostra de entereza, pois moitos nesas situacións comezarían a cortar bolas por medo a perder o punto, craso erro, pois Venancio, seguindo coa tónica do partido que tan bo resultado lle deu, non fallou ningunha das bolas que atacou. Os dous primeiros puntos cara o 10-10 foron propiciados por golpes frenéticos de Gonzalo, ansioso por acabar o partido. Chegados a este resultado, foi Venancio o que se gañou ese set, e coa mesma iniciativa, fixo o seguinte set entre os aplausos entusiasmados dos que ali estabamos. Unha mágoa que o derradeiro set de desempate caera a favor do xogador rival. Posiblemente se Venancio non regalase os dous primeiros sets concentrándose dende o primer momento tería un par de oportunidades máis de acadar o seu terceiro set. O primeiro vídeo abarca o terceiro set ata o 10-10, ao final do cal Andrés pediu tempo para concienciar a Venancio da necesidade de facer no seguinte punto un bo resto sobre o revés do rival. E cal foi a nosa sorpresa que ese resto foi gañador e contundente, un punto épico que provocou furor no banquillo (deste punto non temos ningunha grabación). O segundo vídeo é do punto co que Venancio sentenciou o set. A pesar de todas estas louvanzas, é certo tamén que o outro individual de Venancio contra Esteban deixou moito máis que desexar, pois as cortadas do representante do equipo de Zas semellaban ter demasiado efecto para o noso xogador, que as mandaba case todas á rede. Os individuais xogados por Martín e Aitor tamén nos deixaron cun mal sabor de boca, pois nos dous se puxeron 2-1 en sets por diante contra Jesús, e nos dous foron incapaces de pechar o partido. Aínda que é un equipo moi compensado, é necesario que todos os nosos integrantes tomen partidos como o de Venancio como un modelo de concentración, pois tanto Aitor como Martín semellan deixarse levar moito polas impresións do partido, especialmente en situacións apretadas, o cal diminúe o seu rendemento por unha falta de concentración.

No hay comentarios: