21/4/08

Palmarés 07-08

Equipo
4º posto na 3ª div. galega noroeste
Inés Vázquez
Campiona galega infantil
Seleccionada para a selección de Galicia (campionato de España)
Campiona provincial escolar infantil
1º posto "sub 14" no OPEN NADAL Pobra
Guillermo Maneiro
5º individual na liga grupo noroeste
3º posto no OPEN NADAL Pobra
Pablo Pérez
6º individual na liga grupo noroeste


14/4/08

Xornada 18: E.D.X. Oroso - IES Virxe do Mar

Achegabámonos esta última xornada a Sigüeiro para xogar diante do potente EDX Oroso. Aínda que nalgún momento fomos quen de ofrecer algunha resistencia, o resultado de 4-0, favorable aos intereses locais, reflicte ben ás claras a superioridade do equipo de Oroso. A nosa alineación desta volta foi : Inés - Pablo - Guillermo.
Malia esta derrota, rematamos a competición nunha 4ª posición superando todas as expectativas que tiñamos ao principiar esta andaina.
Dende o noso blog queremos felicitar a todos os xogadores, adestradores e directiva do E.D.X. xa que rematan esta liga no primeiro lugar da
táboa clasificatoria acadando un merecido ascenso á 2º división galega.

6/4/08

ADECO Pobra - IES Virxe do Mar


O domingo 6 de abril, no Polideportivo municipal da Pobra do Caramiñal, agardaba por nós o encontro diante do Adeco Pobra correspondente á xornada 17 da 3ª División Galega.
A nosa alineación desta volta foi a seguinte: Brais Canosa, Guillermo Maneiro e Pablo Pérez.
O partido resultou por momentos moi disputado aínda que ao remate do mesmo o taboleiro reflectía un 1-4 favorable aos nosos intereses.
Logo desta vitoria continuamos situados na cuarta posición da
táboa clasificatoria en espera da última e definitiva xornada.