22/11/08

8ª xornada

2ª división
Local: IES Virxe do Mar - Noia
ANPA IES VIRXE DO MAR: 4 - LICEO Noia: 1
Alineación: Guillermo-Pablo-Inés / db: Guillermo-Inés

O resultado non reflicte a igualdade do encontro. O equipo do Liceo presentou nesta xornada os seus mellores xogadores poñéndonos a tarefa complicada.
Todo comezou ben para eles cun impresionante Héctor que non deu opción a Guillermo. Pero logo viría o mellor para nós. Pablo coa súa vitoria devolveunos a calma para que Inés, nun impresionante partido diante de Rosco e logo formando parella con Guillermo, puxese os dous puntos case no noso peto. Pechou o encontro Guillermo que non fallou diante de Hugo.
Con este resultado non perdemos de vista ao Monteporreiro quen semella vai ser o noso rival directo para acadar a salvación xa nesta primeira fase.

3ª división
Local: IES Virxe do Mar - Noia
ANPA IES VIRXE DO MAR: 1 - T.M. PONTEVEDRA: 4
Alineación: Alex-Nacho-Adrián / db: Alex-Manoel

Fronte de nós tiñamos aos segundos da táboa. Aínda que Alex nalgún dos seus partidos puido conseguir algo máis, o que estivo máis acertado foi Adrián. Nun partido moi intenso pola súa parte puxo ese punto no casilleiro.
O vindeiro sábado visita a nosa cancha un dos equipos da "nosa liga". Cómpre estar concentrados e competitivos porque ese pode ser o partido axeitado para lograr a segunda vitoria da tempada.
para ollar mais polo miúdo a xornada, fai clic nesta ligazón

15/11/08

7ª xornada

2ª división
Local de xogo: Pavillón Principe Felipe - Pontevedra
MONTE PORREIRO "B": 4 - ANPA IES VIRXE DO MAR: 3

Alineación: Guillermo-Pablo-Inés / db: Guillermo-Inés

Mágoa !! . Partido que precisabamos gañar e non fumos quen.
Como estaba previsto o encontro foi igualado chegando ata a 7ª partida. Todos os resultados foron apretados pero ao remate a vitoria apañouna o Monte Porreiro.
As dúas vitorias de Guillermo e a acadada por Inés non foron de abondo. A perda do punto de dobres e o último partido perdido por Pablo ( coa compaña dos nervos pola trascendencia do punto que se disputaba) foron as claves.
Esta perda nos manda á 5ª posición da táboa clasificatoria e polo tanto entramos no grupo de descenso.
Por tirar algo positivo da derrota sinalar que grazas ao apretado do resultado ainda teremos posibilidades de recuperar o terreo no caso dun posible empate a puntos final con este mesmo equipo.
A vindeira semana comeza a segunda volta que temos que mentalizanos de disputala ao 100 % en todo momento.

3ª división

Local de xogo:IES Virxe do Mar
ANPA IES VIRXE DO MAR "B": 0 - LICEO CASINO JUNIOR: 4
Alineación: Alex - Manoel - Adrián / db: Manoel - Nacho

Xa vimos decindo que o equipo paseniñamento vai medrando en xogo e actitude competitiva.
Pero sabemos que aínda non é de abondo e que diante de equipos máis experimentados terémolo difícil.
Destacar un primeiro set de Adrián diante do xogador vilagarcián, cheo de dinamismo e iniciativa o que fixo que acadara a vitoria no mesmo.
Non hai que se vir abaixo e continuar na teima de acadar a segunda vitoria na competición.

8/11/08

6ª xornada

2ª división
Local de xogo: IES Virxe do Mar - Noia
ANPA IES VIRXE DO MAR: 1 - GALMÉDICA OURENSE T.M: 4

Alineación: Pablo-Inés-Guillermo / db: Pablo-Guillermo

Partido no que un equipo foi moi superior ao outro. Desta volta tocounos sufrir unha derrota contundente. Que Inés xogara lesionada non xustifica nada. Solamente salvar a vitoria de Guillermo que continúa na parte alta do ranking.
Na vindeira semana teremos que loitar ao 100% posto que nos espera o Monte Porreiro. Este partido decidirá se son eles ou nós quen remate a primeira volta nos catro primeiros postos que dan dereito a xogar a fase de ascenso.



3ª división
Local de xogo:San Lázaro-Santiago de C.
ARTEAL ORBALLO: 4 - ANPA IES VIRXE DO MAR "B": 1
Alineación: Benjamín - Alex - Nacho - Manoel - Adrián / db: Manoel - Adrián

Resultado enganoso xa que este partido aínda que oficialmente pertenece á 6ª xornada, foi xogado hai algunhas semanas. Dende aquela o equipo progresou paseniñamente. De xogarse hoxe o resultado de seguro que sería outro.
Como anécdota hai que falar da polémica que xenerou o personal saque de Manoel e da amable pero intensa disputa posterior con Alexis, adestrador de Arteal.

3/11/08

5ª xornada

2ª división
Local: San Lázaro-Santiago de Compostela
ARTEAL T.M: 4 - ANPA IES VIRXE DO MAR: 0
Alineación: Guillermo-Pablo-Inés / db: Guillermo-Pablo.

O resultado fala. Xogabamos diante dun equipo experimentado que parte co obxectivo do ascenso. Nada puidemos facer.
Destacar o nivel amosado por Inés diante do seu número 1 ( José Alborés ).
O sábado agarda por nós o Galmédica Ourense, outro óso duro de roer.

3ª división
Local: Polideportivo Outes
ANPA IES VIRXE DO MAR: 1 - ADECO DEA OUTES: 4
Alineación: Alex-Nacho-Adrián / db: Manoel-Nacho

Agardabamos máis do encontro. Comezou o partido cunha vitoria de Alex. Semellaba que todo ía sobre rodas. A partir de ese momento non puidemos apañar máis.
Mália esta derrota continuamos no posto 8º da clasificación.
Como anécdota sinalar que continúan as polémicas no momento do saque de Manoel.
para ollar mais polo miúdo a xornada, fai clic nesta ligazón