29/11/09

6º XORNADA DE LIGA

ANPA IES VIRXE DO MAR: 6 - OROSO PROMESAS: 1


O encontro final da 1ª volta, coa que puxemos a guinda a esta excelente primeira parte da tempada 2009-2010. Contrariados polos problemas da metade da nosa plantilla para xogar este encontro, os nosos campións Pablo Guillermo demostraron un grande nivel técnico frente a un equipo experimentado pero inferior. Só o segundo partido pillou desprevido ao noso xogador Adrián, que nunca experimentara o xogo contra os famosos picos e que non foi capaz de gañar ao xogador defensivo. A acta xogada foi a seguinte:


ANPA IES VIRXE DO MAR: 6 - OROSO PROMESAS: 1


A - Guillermo Maneiro: 3 Y - José Viaño: 0
B - Adrián Pérez: 2 X - Felipe Vázquez: 3

C - Pablo Pérez: 3 Z - Javier Abeijón: 0

Db: Pablo Pérez/Guillermo Maneiro: 3 José Viaño/Javier Abeijón: 0

A - Guillermo Maneiro: 3 X - Felipe Vázquez: 0

C - Pablo Pérez: 2 Y - José Viaño: 3

B - Adrián Pérez: 3 Z - Javier Abeijón: 1

Rematada esta primeira volta, debemos concentrarnos no noso maior rival desta liga: o Liceo de Noia, pois dentro de dúas semanas imos ter unha segunda oportunidade para recuperar o liderazgo e conseguir eses dous valiosos puntos que xoguen a favor do noso ascenso. A xornada decisiva está próxima, e a sorte, botada.

5ª XORNADA DE LIGA

ANPA IES VIRXE DO MAR: 7 - BREOGÁN OLEIROS "E": 0


Unha xornada na que desplegamos todo o noso potencial, conscientes da importancia da victoria sobre o equipo que nos pisaba os talóns na clasificación. O resultado contundente obtido é froito do noso interés en obter unha vantaxe sobre este equipo en caso de empate ou derrota na 2ª volta. A acta do encontro é a seguinte:


ANPA IES VIRXE DO MAR: 7 - BREOGÁN OLEIROS "E": 0


A - Andrea Valiño: 0 Y - Pablo Pérez: 3
B - Óscar Doval: 0 X - Guillermo Maneiro: 3
C - Jesús Valiño: 0 Z - Alejandro Castro: 3

Db: Andrea Valiño/Jesús Valiño: 1 Pablo Pérez/Guillermo Maneiro: 3
A - Andrea Valiño: 0 X - Guillermo Maneiro: 3
C - Alberto Doval: 2 Y - Nacho Carnota: 3
B - Óscar Doval: 1 Z - Pablo Pérez: 3

Quizáis contaramos coa pequena vantaxe de coñocer á maioría dos nosos contrincantes, por encontros con eles en torneos e campionatos de verán. Cabe destacar o bo partido ofrecido por Alex, que levaba un tempo separado do mundo do tenis de mesa por mor das suas ocupacións do fin de semana, e do que esperabamos un resultado menos favorable.

28/11/09

4ª XORNADA DE LIGA

ANPA IES VIRXE DO MAR: 4 - ADECO DEA OUTES: 3


Unha das xornadas que non nos podiamos permitir perder. A pesar da novidade da renovada plantilla de Outes este ano, os nosos xogadores non tiveron moita dificultade en acadar os 4 puntos necesarios. Estes foron os resultados de cada partido:


ANPA IES VIRXE DO MAR: 4 - ADECO DEA OUTES: 3


A - Brais Villar: 0 Y - Guillermo Maneiro: 3

B - Aleixo Rama: 0 X - Pablo Pérez: 3

C - Aitor Villar: 3 Z - Alejandro Castro: 0

Db: Brais Villar/Aitor Villar: 0 Pablo Pérez/Guillermo Maneiro: 3

A - Brais Villar: 0 X - Pablo Pérez: 3

C - Aitor Villar: 3 Y - Adrián Pérez: 1

B - Aleixo Rama: 3 Z - Manoel Pérez: 2

27/11/09

3ª XORNADA DE LIGA

ANPA IES VIRXE DO MAR: 6 - ADECO DEA POBRA: 1


Unha xornada bastante asequible para o noso equipo. o equipo veciño non puido parar a imparable racha dos nosos xogadores na 3ª división galega.


ANPA IES VIRXE DO MAR: 6 - ADECO DEA POBRA: 1


A - Pablo Pérez: 3 Y - José Barrio: 1
B - Alejandro Castro: 3 X - Alberto González: 0
C - Guillermo Maneiro: 3 Z - José Juanatey: 0

Db: Guillermo Maneiro/Manoel Pérez: 3 José Barrio/José Juanatey: 0
A - Pablo Pérez: 3 X - Alberto González: 0
C - Manoel Pérez: 1 Y - José Barrio: 3
B - Alejandro Castro: 3 Z - José Juanatey: 0


Cabe destacar a sorpresa do dobres, pois nunca antes habiamos experimentado o xogo contra xogadores minusválidos, combinación que se fixo posible este ano co traspaso do xogador José Barrio desde o equipo da Serra de Outes.

3º XORNADA DE LIGA

ANPA IES VIRXE DO MAR: 7 - ARTEAL PROMESAS: 0

Unha xornada relativamente fácil para o noso equipo, pero que nos concienciou da potencialidade dos nosos rivais que, se ben hai pouco que empezaron a xogar polo clube santiagués, amosan un estilo de xogo que promete un bo equipo de aqui a uns anos. A acta xogada foi a seguinte:

ANPA IES VIRXE DO MAR: 7 - ARTEAL PROMESAS: 0

A - Belén Calvo: 0 Y - Guillermo Maneiro: 3
B - Uxía López: 0 X - Pablo Pérez: 3
C - Lois López: 2 Z - Esteban Suárez: 3
Db: Belén Calvo/David Carracedo: 2 Adrián Pérez/Esteban Suárez: 3
A - Belén Calvo: 0 X - Pablo Pérez: 3
C - Lois López: 0 Y - Guillermo Maneiro: 3
B - Uxía López: 0 Z - Adrián Pérez: 3

Tras esta relaxada e desenfadada xornada, desexámoslle a mellor sorte posible aos nosos xogadores de cara ás vindeiras xornadas, en especial contra os próximos contrincantes, os equipos de Oleiros e de Serra de Outes. Máis aínda queda, antes diso, un 2º contricante ao que enfrentarse nesta misma xornada de liga: o Adeco Dea Pobra.

1/11/09

2º XORNADA DE LIGA

ANPA IES VIRXE DO MAR: 6 - OROSO BENXAMÍN: 1


Por fin, a primeira victoria do noso equipo no ano 2009 tiña que caer o 24 de octubre. A coñecida "Maldición de Ribadumia" semellou romper, pois dende aquela casi inmerecida vitoria no seu propio terreo, a finais de decembro do ano 2008, os nosos resultados foron todos adversos, a maioría partidos axustados que desembocaban nun frustrante 4-3 en contra. A acta xogada foi a seguinte:
ANPA IES VIRXE DO MAR: 6 - OROSO BENXAMÍN: 1

A - Guillermo Maneiro: 3 Y - Silvia Álvarez: 0
B - Estéban Suárez: 3 X - Uxío Regueiro: 2
C - Pablo Pérez: 3 Z - Sergio Aguión: 2
Db: Pablo Pérez/Guillermo Maneiro: 3 Sergio Aguión/Javier Viaño: 0
A - Manuel Pérez: 3 X - Javier Viaño: 1
C - Nacho Carnota: 1 Y - Silvia Álvarez: 3
B - Guillermo Maneiro: 3 Z - Sergio Aguión: 1
Un resultado que ata chegado o dobles era impredicible, pois o 2º e máis o 3º individuales ben puideron caer a favor do equipo rival.

1º XORNADA DE LIGA

ANPA IES VIRXE DO MAR: 3 - LICEO JUNIOR: 4Eliminar formato de la selección

Primer partido da liga, o derby entre os dous equipos noieses da 3ª división galega. O resultado, que xa nos resulta moi familiar e frustrante, foi froito dun erro de prevision pola nosa parte que se podería haber solventado cunha alineacion mellor. A acta xogada foi a seguinte:

ANPA IES VIRXE DO MAR: 3 - LICEO JUNIOR: 4
A - Estebán Suárez: 1 Y - Lino García: 3
B - Pablo Pérez: 3 X - Jorge Canosa: 0
C - Guillermo Maneiro: 3 Z - Adrián Barcia: 0
Db: Alex Castro/Guillermo Maneiro: 0 Lino García/Cristian Salgueiro: 3
A - Estéban Suárez: 1 X - Jorge Canosa: 3
C - Guillermo Maneiro: 1 Y - Lino García: 3
B - Pablo Pérez: 3 Z - Adrián Barcia: 0
A victoria non era imposible, contabamos cos 2 puntos perdidos nos enfrontamentos contra Lino, pero o dobles escapousenos pola dificultade de adaptación de Alex, e o individual entre Esteban e Jorge sorprendeunos, pois resultou evidente que ambos xogadores estaban moi acostumados a xogar entre eles e calqueira dos dous podía gañar, ainda que quizais a falta de adestramento do noso xogador propiciara a victoria do seu rival sobre el.
De todas formas, xa esperabamos este ano a un Liceo forte e competente que nos iba a poñer difícil a tarea de acadar unha boa clasificación na liga deste ano, non obstante, temos a esperanza da vitoria do noso instituto no derby da segunda volta.

24/9/09

COMEZA A TEMPADA 2009-2010


O verán acabouse, e eso implica a volta aos estudos e ao adestramento para os nosos xogadores de tenis de mesa. Este ano preséntasenos difícil no tocante á nosa participación na liga. A nosa xogadora Inés Vázquez foi recentemente fichada polo Arteal de Santiago, o cal supón un duro golpe para o noso humilde propósito de ascenso a segunda galega, xa que ademáis o noso equipo, despois de múltiples esperanzas de permanencia, descende a xogar á máis baixa das divisións galegas. A falta doutros xogadores que prometían unha ficha polo equipo do instituto, chegouse á dura determinación de organizarnos nun só equipo que abranguise a tódolos xogadores do centro, xuntando a grandes con pequenos. Despois de tanto tempo evitando tomar esta decisión, desta vez a fixación de dous equipos foi imposible. Unha verdadeira mágoa para os nosos dous grandes bloques de xogadores e para a súa vontade de seguir camiños por separado na liga de tenis de mesa.

Definitivamente, a situación vai ser a seguinte:

Equipo: IES Virxe do Mar (3ª división galega-3ª división nacional)
Integrantes:
Pablo Pérez
Guillermo Maneiro
Alex Castro, Adrián Pérez
Manoel Pérez
Nacho Carnota
Delegado: Fernando Vigo
Adestrador: Rubén Seijo

Provisionalmente, a FGTM asignounos os seguintes equipos dentro do noso grupo:

Oroso Benxamín
Oroso Promesas
Arteal Promesas
Breogán Oleiros "C"
Liceo Junior
Adeco Dea - Pobra
Adeco Dea - Outes

A maioría destes equipos non son unha sorpresa para nós, pero moitos dos avances técnicos adquiridos polos xogadores máis destacables quizas vaian a resultar selo, pois cómpre destacar que a enorme canteira do Arteal e de Oroso está constituida por nenos que a cada ano conquistan máis títulos en campionatos galegos e estatais, converténdose en verdadeiras promesas galegas ás que ahora lles deberemos facer frente.

Sen máis, sólo resta desesarlle a maior sorte posible ao noso novo e unitario equipo, para que o faga o mellor posible, e para que a posibilidade do ascenso, a pesar da pluralidade de niveis técnicos entre os nosos xogadores, aínda sexa unha recompensa alcanzable.

4/5/09

Cruce polo 5º e 6º posto pola cola. 1º encontro

I.E.S. VIRXE DO MAR -4- / CAMBRE T.M. -3-

Velaquí a xornada que levabamos tanto tempo agardando. Por fin o 4-3 caeu do noso lado. Unha acta para recordar, tendo en conta que nos presentábamos o domingo ás 11 da mañá cun xogador menos e cunha carga máis, a necesidade de acadar o mellor resultado posible. Polo noso instituto xogaron: Pablo Pérez, Inés Vázquez e Andrés Vázquez -en substituición de Guillermo Maneiro-. Os de Cambre presentaron a Juan José Redondo (o xefe do equipo de Cambre, máis coñecido como "Lóstrego"), a Santiago Brandariz e a José Pontigo. Este foi o resultado:


CAMBRE TM-3 IES VIRXE DO MAR-4


A) Juan José Redondo-3 Y) Andrés Vázquez-0
B) Santiago Brandariz-2 X) Pablo Pérez-3
C) José Pontigo-2 Z) Inés Vázquez-3
Db) Juan José Redondo/José Pontigo-2 Db) Pablo Pérez/Inés Vázquez-3
A) Juan José Redondo-3 X) Pablo Pérez-2
C) José Pontigo-3 Y) Andrés Vázquez-0
B) Santiago-1 Z) Inés Vázquez-3


Un resultado bastante frustrante para o equipo local, xa que gañaron máis xogos ca o noso equipo (16 fronte a 14) e, sen embargo, non levaron a vitoria.

Dentro do equipo de Cambre, os xogadores José e Santiago utilizaron palas de picos que lles fixeron moito dano aos nosos xogadores, en especial a Pablo. Os partidos Pablo-Santiago, Inés-José e o dobles foron de vital importancia para chegarmos a este resultado. O xefe do clube, Lóstrego, mostrou un nivel técnico incrible. O seu partido contra Pablo estivo moi axustado e, no momento do 2-1 para o noso xogador o encontro puido acabar aí, pero Lóstrego cambiou a súa técnica de xogo e remontou o enfrontamento. O partido Inés-José foi xustamente ao revés, Inés remontou un 2-1 adverso gracias a un bo consello no 3º descanso, que lle axudou a restar mellor o complicado saque do rival, que lle valera tantos puntos.

Cómpre salientar que neste encontro bateuse un récord certamente curioso. No enfrontamento Pablo-Santiago, o 4º set levou aos dous xogadores a unha situación de vantaxes continuas na que se chegou ao incrible resultado de 54 puntos. O resultado, un 28-26 en contra, quedou plasmado nunha fotografía tomada ao final do set, adxunta nesta crónica.

Queda pois, solo desexarlle aos nosos xogadores moitísima sorte no seguinte enfrontamento deste cruce co equipo de Cambre. Un enfrontamento no que esperamos contar con Guillermo, e que creemos poder afrontar, pelexando duramente por ese ansiado 6º posto pola cola.

2/5/09

Contra a espada e a parede

A 2ª fase remata para o noso equipo de 2ª división galega cunha soa victoria acadada fronte ao equipo vigués. A clasificación déixanos en 3º lugar pola cola, sendo conscientes de que comezamos esta 2ª volta cunha aplastante vantaxe sobre os demais equipos, vantaxe que non obstante non fomos quen de manter. A nosa sorte está nas mans da Federación. Non obstante, queda aínda un cruce - a disputar o vindeiro domingo 3 de maio - que poderá favorecer a decisión da organización para manternos na 2ª división para o ano que vén, xa que estaremos a xogarnos co equipo de Cambre o 5º e o 6º posto pola cola, de importancia vital tendo en conta que poden descender ata 3 equipos de cada grupo. Cómpre pois, loitar por esta pequena posibilidade de permanencia.

Por desgracia, Guillermo, xogador da nosa reducida plantilla non está dispoñible nesta ponte de maio por vacacións. Confiamos pois en que Pablo e Inés poidan substituir a súa labor e obter, aínda incluso dentro da derrota, un bo resultado.

22/3/09

Hai que seguir loitando

2ª División galega-grupo descenso 2 -5ª xornada
Local de xogo: Liceo Casino Tuy
Liceo Casino Tuy : 4 - ANPA IES Virxe do Mar: 1
Alineación: Guillermo-Inés-Pablo. Dobres:Inés-Guillermo

Comezamos a segunda volta da competición cunha derrota. Flouxo encontro pola nosa parte diante dun rival que no encontro de ida estivemos a piques de vencer. Solo Guillermo acadou un punto para o noso peto.
Quedan 3 xornadas para rematar esta fase e necesitamos acadar una victoria nalgún dos dous próximos choques diante de equipos de nivel semellante ao noso. Compre polo tanto esquencer os resultados anteriores e centrarnos no que queda.

3ª división galega-grupo centro- xornada de postos
Local de xogo: Pavillón Cangas
Alineación: Manuel- Adrián-Alex-Nacho

Nada que obxectar nesta xornada para o equipo de terceira. O sistema de competición levounos a Cangas para disputar 3 encontros ante os equipos de Tuy, Vincios e Cangas. Unha victoria e dúas derrotas foi o balance da xornada. Felicitacións aos nosos porque o traballo xa estaba feito e nestas dúas últimas xornadas compre disfrutar do xogo diante de novos equipos e xogadores.

10/3/09

Cara e cruz

2ª División galega-grupo descenso 2 - 4ª xornada
Local de xogo: R.C.Naútico de Vigo
R.C.N Vigo: 4 - ANPA IES Virxe do Mar:
1
Alineación: Guillermo-Inés-Pablo. Dobres:Inés-Pablo


Rematamos a primeira volta cunha clara derrota. O equipo rival foi moi superior polo que nada hai que laiar. Solo Guillermo acadou un punto que lle serve para manterse nos postos altos do ranking.
Analizando esta primeira volta botamos en conclusión que xa que 3 dos partidos perdidos foron por moi pouco, temos nas nosas mans gañar a algún deses equipos para non facer peligrar a nosa permanencia nesta categoría.
A competición terá un parón esta fin de semana na que se celebra o Campionato Galego xuvenil onde participarán Guillermo, Inés e posiblemente Pablo. Sorte para eles.


3ª división galega-grupo centro- 18ª xornada
Local de xogo: Pavillón Principe Felipe - Pontevedra
Monte Porreiro mixto: 2 - ANPA IES VIRXE DE MAR "B": 4
Alineación: Manuel- Adrián-Alex. Dobres: Manoel-Adrián

Volvía Alex ao equipo, logo dunha lesión e fixoo ao grande con 2 partidas gañadas. Ádrián e Manoel fixeron tamén das súas ao gañar o partido de dobres. Este resultado nos coloca na 7ª posición da taboa.
Con este partido remata a liga regular (faltan solamente os partidos de cruce cos outros grupos para delimitar as posicións finais). Rematamos cunha vitoria y cun balance moi positivo. Foi unha tempada para aprender. Os nosos xogadores levaron dende o principio da competición unha liña ascendente no seu nivel de xogo. Noraboa para todos eles polo seu esforzo, ilusión e adicación.

2/3/09

Virán tempos mellores

2ª División galega-grupo descenso 2 - 3ª xornada
Local de xogo: IES Virxe do Mar de Noia
ANPA IES Virxe do Mar: 3 - CINANIA "A tenda de Mucha": 4
Alineación: Guillermo-Inés-Pablo. Dobres:Inés-Guillermo

Terceiro partido desta segunda fase que perdemos axustadamente. Todo indica que a igualdade é máxima nestes momentos da competición.
O partido comezou con 2 vitorias para nós. Semellaba que nesta xornada acadariamos o triunfo. Logo do dobres poñiámonos por diante cun 3 a 1. Pero a partires dese momento, unha remontada espectacular do Cinania fixo que o resultado final fora favorable aos seus intereses.
A pesares da derrota compre destacar a Inés que ademais de contribuír á vitoria no encontro de dobres disputou dous partidos individuais de gran nivel técnico e espectacularidade.
Guillermo e Pabo colleitaron cadanseu unha vitoria.


3ª división galega-grupo centro- 17ª xornada
Local de xogo: Pavillón Principe Felipe - Pontevedra
ANPA IES VIRXE DE MAR "B": 2 - T.M. Pontevedra: 4
Alineación: Alex-Adrián-Nacho. Dobres: Manoel-Adrián
Chegamos a Pontevedra sabendo que a tarefa de vencer ao equipo local era moi difícil. O resultado reflicte con xustiza a diferencia que hai hoxe en día entre os dous equipos. A pesares da derrota é salientable a actuación de Nacho e Alex acadando os dous partidos gañados que nos levamos ao peto.
Na vindeira xornada diante do Monte Porreiro agardamos que a historia sexa distinta.

23/2/09

Xornada 16

2ª División-grupo descenso 2 - 2ª xornada
Local: Pavillón Romarigo (Cangas do Morrazo)
Cinania Ralarsa: 4 - ANPA IES Virxe do Mar: 3
Alineación: Guillermo-Pablo-Adrián / Dobres: Guillermo-Pablo

A 2ª xornada desta segunda fase tampouco foi proveitosa para o noso equipo.
Presentabamos a xogar na vila de Cangas diante do Cinania coa baixa de Inés que tivo que ser substituída por Adrián (xogador do equipo da 3ª división)..
O encontro foi igualado como demostra o 4-3 final favorable aos de Cangas.
Malia esta derrota continuamos liderando a clasificación que cada vez se apreta máis polo que non pode pasar outra xornada sen acadar unha vitoria.
Como dato positivo compre sinalar que Guillermo Maneiro e Pablo Pérez ocupan a 4ª e 5ª posición no ranking individual da competición.


3ª División-grupo centro- 16ª xornada
Local: Ximnasio Colexio Arealonga
Liceo Casino Junior: 4 - ANPA IES VIRXE DO MAR: 1
Alineación: Manoel-Alberto- Nacho / Dob: Manoel- Nacho

Na xornada 16 da competición, tocounos visitar a cancha do Liceo Casino Junior de Vilagarcía. Coñeciamos a gran diferencia que hai neste momento entre os vilagarciáns, que encabezan a clasificación, e nós. O resultado final de 4 a 1 favorable aos locais, fala ben as claras desa circunstancia.
Foi un partido para aprender e continuar mellorando.
O noso único punto foi acadado por Nacho. Sinalar que Alex continúa lesionado e Adrián xogou nesta xornada co equipo da 2ª división.

15/2/09

Xornada 15

2ª división - grupo descenso 2- 1ª xornada
Local: IES Virxe do Mar-Noia
ANPA IES VIRXE DO MAR: 3 - Liceo Casino Tui: 4
Alineación: Guillermo-Pablo-Inés/ Dobles: Inés-Pablo

Comezabamos a segunda fase da competición diante do Liceo Casino Tui coa esperanza de acadar a vitoria. Os comezos foron bos xa que nos puxemos 2-0 por diante deles. Pero logo dunha moi boa reacción do equipo visitante o resultado final foi dun 3-4 ao seu favor. Este resultado xa nos indica o igualada que vai ser a competición nesta segunda fase. Polos nosos é de destacar a actuación de Pablo gañando os seus dous enfrontamentos individuais.
Malia este resultado continuamos encabezando a clasificación con 4 puntos de vantaxe sobre o segundo grazas á nosa inmellorable primeira fase.

3ª división - grupo centro - xornada 15
Local: IES Virxe do Mar-Noia
ANPA IES VIRXE DO MAR"B": 4 - Liceo Casino Villagacía: 1
Alineación: Adrián-Manoel-Nacho/ Dobles: Adrián-Pablo
Magnífica actuación do equipo. Con este resultado acadamos a cuarta vitoria da temporada. Pero o mellor é ver a evolución no xogo que xornada a xornada amosan os nosos xogadores. Todos estiveron a gran nivel pero aínda así é de destacar a actuación de Adrián que cun xogo moi dinámico acadou 2 vitorias individuais e colaborou na de dobres.

11/1/09

Xornada 12

Comezamos un ano 2009 cun enfrontamento dobre diante dos potentes equipos do Arteal que visitaban a nosa cancha.
Na 2ª división o resultado foi un contundente 0-4 favorable aos de Santiago.Solo Guillermo (2) e Inés (1) foron quen de facerlles algún xogo a un equipo que aínda está un chanzo por riba de nós. O equipo desta volta xogou con Guillermo (X) - Pablo (Y)-Inés (Z) e o dobre con Guillermo e Inés.
Na 3ª división ofrecemos máis resistencia pero o resultado final foi tamén un 0-4 favorable a Arteal Orballo. Xogaron polos nosos Adrián (A)-Nacho (B)-Manoel (C) e a parella de dobres estivo formada por Adrián e Nacho. Neste encontro fomos quen de facer 5 xogos con unha aceptable actuación dos nosos xogadores.