6/12/10

7ª XORNADA DE LIGA 2ª G E 3ª G

2ª G:

IES VIRXE DO MAR "A": 5 - HÍPICA METROSIDERO: 2

Guillermo Maneiro Currás: 3 - Francisco Fuentes Rodríguez: 1
Pablo Pérez Romaní: 3 - Jacobo Rodríguez Fernández: 0
Adrián Pérez Romaní: 2 - Pablo Aboy Nieto: 3
Pablo Pérez Romaní / Guillermo Maneiro Currás: 3 - Jacobo Rodríguez Fernández / Francisco Fuentes Rodríguez: 0
Guillermo Maneiro Currás: 3 - Jacobo Rodríguez Fernández: 0
Adrián Pérez Romaní: 2 - Francisco Fuentes Rodríguez: 3
Pablo Pérez Romaní: 3 - Pablo Aboy Nieto: 1

A xornada obrigada que tanta falla nos facía para recobrar folgos. Neste partido incluso Adrián pareceu saír do seu letargo xogando un aceptable partido contra Francisco, aínda que a súa derrota contra Pablo fora moi defraudante. Parece ser que o momento de peche dos partidos segue a ser a segunda maior dificultade do noso xogador, quen non foi capaz de aproveitar un 2-1 en sets e 7-3 en puntos todo ao seu favor. Estes fallos psicológicos non se poden tolerar en partidos máis decisivos, aínda que nesta xornada en concreto podiamonos permitir certos deslices. É de destacar que os nosos rivais ofreceron o seu maior rendemento á hora de enfrontarse a Pablo e Guillermo, poñendo aos nosos xogadores contra as cordas nalgún set, aínda que a súa falta de constancia valeulles o resto do partido. Para a semana xogaremos en Cambre o último encontro deste ano 2010, e será este un partido sen obrigación de gañar. O ano remata para nos con 2 das 3 victorias que estabamos obrigados a obter: a de Hípica Metrosidero, a de Breogán Oleiros "C" e a de Conxo TM, sendo este último o que nos venceu e ao cal debemos gañar por unha minima diferencia para conseguir adiantalos na clasificación, e ter unha vantaxe sobre eles la liga de descenso que xa máis ou menos se vai definindo.

3ª G:

IES VIRXE DO MAR "B": 0 - OROSO - ZAPATERÍA RIAL: 7

Alexander Castro Martínez: 0 - Simón Raña: 3
Manoel Severiano Pérez García: 1 - José Manuel Regueiro: 3
Aitor Alonso Méndez: 1 - Felipe Vázquez: 3
Aitor Alonso Méndez / Sergio Agraso Graciano: 0 - Simón Raña / Eloy Raña: 3
Manoel Severiano Pérez García: 1 - Simón Raña: 3
Alexander Castro Martínez: 2 - Eloy Raña: 3
Sergio Agraso Graciano: 0 - José Manuel Regueiro: 3

Unha xornada para reflexionar. É certo que a nosa alineación contaba con bastantes baixas, como a de Venancio, a de Nacho ou incluso a de Martín. O equipo rival fixo o seu mellor papel sacando a Simón e ao seu irmán defensivo Eloy, e a José Manuel Regueiro, pai do recentemente 4º clasificado zonal Uxío Regueiro. Os esforzos dos nosos xogadores só se traduciron en eventuais sets ou incluso bolas de set que non conseguían consolidar. Cómpre salientar un bo set xogado por Aitor contra Felipe, no que non lle deixou opción ao defensivo xogador de picos rival. Máis Aitor quedou dormido nos laureles e perdeu o derradeiro set contundentemente. Alex tamén lle deu moita guerra ao defensivo Eloy, nun partido no que o rival xogou con verdadeira confianza e dominio, ofrecéndonos puntos con moito xogo de efectos, aos que Alex empezou poñendo fin cun bo golpe gañador nos primeiros sets, pero que contra o final do partido tensaron o brazo do noso xogador, impedíndolle tirar bolas ben liftadas ou nin sequera unha boa pegada gañadora, recurso que empregou moi ben nos primeiros sets. Esperemos que na segunda volta o resultado sexa un pouco máis apretado, ou polo menos contar coa nosa plantilla ao completo.

6ª XORNADA DE LIGA 2ª G E 3ª G

2ª G:

ANORTHOSIS VIMIANZO: 6 - IES VIRXE DO MAR "A": 1

Miguel Rey: 3 - Adrián Pérez Romaní: 1
Roi Martínez: 3 - Guillermo Maneiro Currás: 2
Marcelino Túñez de la Barrera: 2 - Pablo Pérez Romaní: 3
Miguel Rey / Roi Martínez: 3 - Pablo Pérez Romaní / Guillermo Maneiro Currás: 2
Roi Martínez: 3 - Adrián Pérez Romaní: 0
Miguel Rey: 3 - Pablo Pérez Romaní: 2
Marcelino Túñez de la Barrera: 3 - Guillermo Maneiro Currás: 2

O resultado global non se corresponde coa realidade acontecida neste encontro. Foron tantos os 2-2 nos que non soubemos apretar que a victoria era potencialmente posible incluso por un 5-2 ao noso favor. Os rivais eran dentro do nivel da segunda división asequibles, pero a pesar diso foi unha xornada desenfadada e sin obriga de gañar, na que Pablo e Guillermo puideron enfrentarse a rivais cun nivel máis ou menos próximo ao deles (boa mostra de iso é que todos os seus partidos chegaron ao 5º set). Adrián por outra banda segue a ter pouca constancia e estabilidade táctica, e é de agradecer o set que lle fixo ao rival co que abreu o encontro. Nestes momentos segue a depender máis de el o resultado de cada xornada ca de Pablo e Guillermo, pero esperemos que só sexa cuestión de tempo que se adecue ao nivel no que está xogando.

3ª G:

A.D. DUBRATAMBRE "3": 5 - IES VIRXE DO MAR "B": 2

Ana Mª Pérez Martínez: 3 - Venancio González Caamaño: 0
Raquel Noya Iglesias: 3 - Alexander Castro Martínez: 0
Marcos Liñares Domínguez: 3 - Ignacio Carnota Blanco: 1
Ana Mª Pérez Martínez / Raquel Noya Iglesias: 3 - Alexander Castro Martínez / Ignacio Carnota Blanco: 0
Raquel Noya Iglesias: 0 - Venancio González Caamaño: 3
Ana Mª Pérez Martínez: 3 - Sergio Agraso Graciano: 0
Marcos Liñares Domínguez: 2 - Alexander Castro Martínez: 3

Velaquí a xornada contra o equipo estrela da liga, o equipo de Portomouro composto por toda a súa canteira feminina. O seu nivel na liga feminina sería igual máis ou menos á primeira división nacional, máis por razóns estrañas o clube decidiu federalas na máis baixa das divisións masculinas, aínda a sabendas de que non poderán ascender a máis da primeira división galega. Malia á superioridade indiscutible dos nosos rivais, Alex e Venancio foron capaces de conseguir cadanseu tanto e acadar así un resultado algo máis reñido. Cabe destacar o bo partido xogado por Venancio, quen gañou por 3-0 a Raquel, contrincante que nin Alex foi quen de gañar (a pesar da aparente dificultade de Alex para adecuarse á mesa de xogo que se lle asignou, o cal lle costou máis dunha falta de saque). Despois deste atenuado mal trago que tiñan que pasar os nosos xogadores, toca volverse animar e aplicar nos entrenamentos para seguir dando guerra nas restantes xornadas desta primeira volta. Ánimo aos nosos campións!

4/12/10

5ª XORNADA DE LIGA 2ª G E 3ª G

2ª G:

BREOGÁN OLEIROS "B": 4 - IES VIRXE DO MAR "A": 3

José Luis López: 3 - Pablo Pérez Romaní: 1
Ramón Casas: 1 - Guillermo Maneiro Currás: 3
Fernando Losada: 3 - Adrián Pérez Romaní: 0
José Luis López / Fernando Losada: 3 - Pablo Pérez Romaní / Guillermo Maneiro Currás: 1
José Luis López: 2 - Guillermo Maneiro Currás: 3
Fernando Losada: 1 - Pablo Pérez Romaní: 3
Ramón Casas: 3 - Adrián Pérez Romaní: 0

A penúltima xornada desta primeira volta que non tiñamos obrigación de gañar. A pesar diso, o equipo local facilitounos moito as cousas ao non presentarnos a súa mellor alineación, unha vantaxe que tiñamos que aproveitar e non o fixemos. Se a nosa parella de dobres apretase un pouco máis no momento do dobres o resultado podería ser outro, ou cun mellor partido por parte de Pablo cando abreu o encontro contra José Luis. Do equipo rival cómpre salientar que estaba composto por xogadores veteráns e curtidos no deporte, e que a versatilidade dos seus saques e o control da pelota é unha calidade inherente á experiencia. Para a segunda volta contamos con darlles algo máis de guerra, traian ou non á súa mellor plantilla ao noso instituto.

3ª G:

MIXILÓN: 1 - IES VIRXE DO MAR "B": 6

Noelia Santiago: 0 - Venancio González Caamaño: 3
Antía Torres: 0 - Manoel Severiano Pérez García: 3
José M. Rodríguez: 2 - Sergio Agraso Graciano: 3
Antía Torres / Sara González: 0 - Ignacio Carnota Blanco / Aitor Alonso: 3
Noelia Santiago: 2 - Martín López Tomé: 3
José M. Rodríguez: 3 - Aitor Alonso Méndez: 2
Sara González: 0 - Venancio González Caamaño: 3

Unha xornada relativamente fácil e despreocupada. Os nosos xogadores gañaron case todos os partidos, a pesar de que algúns chegaron a apretados 2-2. A partir de xornadas coma esta faise apreciable a mellora do noso pequeno xogador Venancio quen, empezando o ano cun nivel moi básico, se conseguiu abrir un oco ata a posición de xogadores clave para partidos importantes, o cal esperemos que non se lle suba á cabeza, pois ás veces tende a baixar a garda ou a distraerse nos entrenamentos. Esperemos que o seu afán de búsqueda de novos recursos contaxie ao resto da plantilla, e Martín, Aitor e Sergio aprendan del certos golpes característicos e moi necesarios nos partidos de liga, como é o da bola liftada ou tospin que Venancio emprega con bastante confianza. Moita sorte a todos eles.