22/3/09

Hai que seguir loitando

2ª División galega-grupo descenso 2 -5ª xornada
Local de xogo: Liceo Casino Tuy
Liceo Casino Tuy : 4 - ANPA IES Virxe do Mar: 1
Alineación: Guillermo-Inés-Pablo. Dobres:Inés-Guillermo

Comezamos a segunda volta da competición cunha derrota. Flouxo encontro pola nosa parte diante dun rival que no encontro de ida estivemos a piques de vencer. Solo Guillermo acadou un punto para o noso peto.
Quedan 3 xornadas para rematar esta fase e necesitamos acadar una victoria nalgún dos dous próximos choques diante de equipos de nivel semellante ao noso. Compre polo tanto esquencer os resultados anteriores e centrarnos no que queda.

3ª división galega-grupo centro- xornada de postos
Local de xogo: Pavillón Cangas
Alineación: Manuel- Adrián-Alex-Nacho

Nada que obxectar nesta xornada para o equipo de terceira. O sistema de competición levounos a Cangas para disputar 3 encontros ante os equipos de Tuy, Vincios e Cangas. Unha victoria e dúas derrotas foi o balance da xornada. Felicitacións aos nosos porque o traballo xa estaba feito e nestas dúas últimas xornadas compre disfrutar do xogo diante de novos equipos e xogadores.

10/3/09

Cara e cruz

2ª División galega-grupo descenso 2 - 4ª xornada
Local de xogo: R.C.Naútico de Vigo
R.C.N Vigo: 4 - ANPA IES Virxe do Mar:
1
Alineación: Guillermo-Inés-Pablo. Dobres:Inés-Pablo


Rematamos a primeira volta cunha clara derrota. O equipo rival foi moi superior polo que nada hai que laiar. Solo Guillermo acadou un punto que lle serve para manterse nos postos altos do ranking.
Analizando esta primeira volta botamos en conclusión que xa que 3 dos partidos perdidos foron por moi pouco, temos nas nosas mans gañar a algún deses equipos para non facer peligrar a nosa permanencia nesta categoría.
A competición terá un parón esta fin de semana na que se celebra o Campionato Galego xuvenil onde participarán Guillermo, Inés e posiblemente Pablo. Sorte para eles.


3ª división galega-grupo centro- 18ª xornada
Local de xogo: Pavillón Principe Felipe - Pontevedra
Monte Porreiro mixto: 2 - ANPA IES VIRXE DE MAR "B": 4
Alineación: Manuel- Adrián-Alex. Dobres: Manoel-Adrián

Volvía Alex ao equipo, logo dunha lesión e fixoo ao grande con 2 partidas gañadas. Ádrián e Manoel fixeron tamén das súas ao gañar o partido de dobres. Este resultado nos coloca na 7ª posición da taboa.
Con este partido remata a liga regular (faltan solamente os partidos de cruce cos outros grupos para delimitar as posicións finais). Rematamos cunha vitoria y cun balance moi positivo. Foi unha tempada para aprender. Os nosos xogadores levaron dende o principio da competición unha liña ascendente no seu nivel de xogo. Noraboa para todos eles polo seu esforzo, ilusión e adicación.

2/3/09

Virán tempos mellores

2ª División galega-grupo descenso 2 - 3ª xornada
Local de xogo: IES Virxe do Mar de Noia
ANPA IES Virxe do Mar: 3 - CINANIA "A tenda de Mucha": 4
Alineación: Guillermo-Inés-Pablo. Dobres:Inés-Guillermo

Terceiro partido desta segunda fase que perdemos axustadamente. Todo indica que a igualdade é máxima nestes momentos da competición.
O partido comezou con 2 vitorias para nós. Semellaba que nesta xornada acadariamos o triunfo. Logo do dobres poñiámonos por diante cun 3 a 1. Pero a partires dese momento, unha remontada espectacular do Cinania fixo que o resultado final fora favorable aos seus intereses.
A pesares da derrota compre destacar a Inés que ademais de contribuír á vitoria no encontro de dobres disputou dous partidos individuais de gran nivel técnico e espectacularidade.
Guillermo e Pabo colleitaron cadanseu unha vitoria.


3ª división galega-grupo centro- 17ª xornada
Local de xogo: Pavillón Principe Felipe - Pontevedra
ANPA IES VIRXE DE MAR "B": 2 - T.M. Pontevedra: 4
Alineación: Alex-Adrián-Nacho. Dobres: Manoel-Adrián
Chegamos a Pontevedra sabendo que a tarefa de vencer ao equipo local era moi difícil. O resultado reflicte con xustiza a diferencia que hai hoxe en día entre os dous equipos. A pesares da derrota é salientable a actuación de Nacho e Alex acadando os dous partidos gañados que nos levamos ao peto.
Na vindeira xornada diante do Monte Porreiro agardamos que a historia sexa distinta.