9/10/10

2ª XORNADA DE LIGA 2ªG E 3ªG

2ªG:

IES VIRXE DO MAR "A": 3 - CONXO TM: 4

Pablo Pérez Romaní: 3 - Marcos Espantoso Sande: 1
Steven Castro Nieto: 0 - Juan Ramón Pereiras Casal: 3
Adrián Pérez Romaní: 1 - Fernando Suárez Sandomingo: 3
Pablo Pérez Romaní / Adrián Pérez Romaní: 3 - Marcos Espantoso Sande / Juan Ramón Pereiras Casal: 2
Pablo Pérez Romaní: 3 - Juan Ramón Pereiras Casal: 0
Adrián Pérez Romaní: 0 - Marcos Espantoso Sande: 3
Steven Castro Nieto: 0 - Fernando Suárez Sandomingo: 3

Decepcionante segunda xornada que xa nos obriga a olvidarnos de case toda esperanza de permanencia na segunda división galega. As dúas xornadas factibles van alá con candanseu 4-3 en contra, e os nosos xogadores xa non se ven capaces de nada en todo o ano.
Na xornada de hoxe, ademáis de contar coa desventaxa de non ter un tercer xogador ao nivel de Pablo e Guillermo, vímonos afectados pola misteriosa enfermidade de este último, que non pudo participar de ningún xeito, e que cambiaría con toda seguridade o marcador a un 5-2 a favor. Non obstante, a labor de Pablo como único titular e xefe do grupo foi encomiable, gañando todos os seus partidos contra os dous mellores do clube rival, e levándose incluso o crucial punto do dobres, ao lado de Adrián, nun partido de máxima tensión no que os sets que caian do noso lado eran moi axustados, ao contrario dos dous que gañaron eles. Despois dos 3 puntos acadados por Pablo, só un insignificante partido nos separaba da victoria sobre o equipo rival. Pois este punto nunca chegou, Adrián e Steven perderon todos os seus enfrentamentos e os 4 puntos caeron cómodamente do lado dos nosos rivais, dando como resultado un frustrante 4-3.
O noso problemático equipo de segunda división atravesa agora unha das súas peores crises, e prantéxase seriamente o seu obxectivo nas vindeiras tempadas, sendo posible a permanencia continua e voluntaria na división inferior para o resto dos anos, a causa da resignación que levamos arrastrando dende hai anos pola carencia do noso tercer xogador.

3ªG:

OROSO GUARDERÍA TRASTES: 0 - IES VIRXE DO MAR "B": 7

Anxo Gómez: 0 - Martín López Tomé: 3
Cristina Abeijón: 1 - Venancio González Caamaño: 3
Carmela Gómez: 0 - Ignacio Carnota Blanco: 3
Cristina Abeijón / Carmela Gómez: 1 - Aitor Alonso Méndez / Manoel Severiano Pérez García: 3
Cristina Abeijón: 0 - Martín López Tomé: 3
Anxo Gómez: 0 - Sergio Agraso Graciano: 3
Carmela Gómez: 0 - Aitor Alonso Méndez: 3

Contundente vitoria que en realidade non tiñamos tan clara. Toda a nosa canteira loitou por acadar ese contundente 7-0 e os puntos foron caendo un tras outro sen demasiada dificultade. Os nosos xogadores iban realmente motivados e coas ideas moi claras, e en ningún momento se deixaron influenciar pola impresión de xogar fóra de casa por primeira vez na sua vida.
Cómpre salientar os puntos acadados por Venancio e Aitor, que demostraron ter moi boa cabeza e moita confianza nos seus recursos técnicos, escasos fronte á versatilidade do equipo rival. Tamén Martín abreu o encontro de forma sublime e reaccionou correctamente frente ao seu primeiro contrincante realizando o seu xogo por riba das pillerías do seu rival. Unha xornada redonda para os nosos xogadores.
Sen embargo, todos os partidos xogados polo agora supoñen só a punta do iceberg do que descubrirán que é a terceira división galega. Aínda así, esperamos que sepan enfrontar este nivel grazas á mellora técnica por medio das vitais sesións de entrenamento.

10 comentarios:

aitor dijo...

bueno, a verdade é que merecíamolo

tenis de mesa vdm dijo...

si a verdade e que si
importantisimo, decidelle a todos os que teñen internet que miren este blog regularmente, vouno usar para dar avisos
acordate de decirllo eh aitor!!
por certo, a proxima xornada É RIBADUMIA!!!! todos son amigos meus, sempre nos vemos nos campeonatos. son gañables pero non sei se para vos, garantizovos que vai ser un choque moi duro coa realidade, contade con deixar perder moitos partidos e levar aos mellores a por todas, que de momento ganastedes todo con comodidade. esta semana e para vos a mais importante de todas as que tuvestedes, hai que entrenar seriamente!!!!

tenis de mesa vdm dijo...

por certo, tenis de mesa vdm son eu, pablo, que falo desde a conta de blog

aitor dijo...

el proximo partido es en casa, y con el cafe bar roxibe

tenis de mesa vdm dijo...

cafe bar roxibe = ribadumia, aitor...

aitor dijo...

ah

aitor dijo...

parece q aqui solo comentamos nosotros dos xd

xiareiro dijo...

Pero imos ver ... que espíritu combativo é ese??? Onde están aqueles míticos momentos da "remontada Santi" en Coruña ou a non menos histórica "remontada Guiller/Pablo en dobres" fronte ao Liceo??? ... como podemos pensar en resignarnos na segunda xornada de liga??? Diso nada !!

xiareiro dijo...

Os de 3ª están impresionantes. Moi ben !!

aitor dijo...

xiareiro es fernando no???'