27/3/11

16ª XORNADA DE LIGA 2ª G E 3ª G

2ª G:

HÍPICA METROSIDERO: 2 - IES VIRXE DO MAR "A": 5

Francisco Fuentes Rodríguez: 1 - Guillermo Maneiro Currás: 3
Pablo Aboy Nieto: 3 - Adrián Pérez Romaní: 0
Jacobo Rodríguez Fernández: 1 - Pablo Pérez Romaní: 3
Jacobo Rodríguez Fernández / Pablo Abloy Nieto: 0 - Pablo Pérez Romaní / Guillermo Maneiro Currás: 3
Pablo Aboy Nieto: 1 - Guillermo Maneiro Currás: 3
Francisco Fuentes Rodríguez: 0 - Pablo Pérez Romaní: 3
Jacobo Rodríguez Fernández: 3 - Adrián Pérez Romaní: 1

A última vitoria acadable desta tempada, pois non agardamos obter bos resultados contra Andeiro e Dubratambre, as dúas xornadas restantes. O encontro contra o club coruñés tivo momentos tensos, en boa medida propiciados por certas inxustizas do arbitro que supervisou o encontro, que tendía a desfavorecer nas súas decisións ao clube local. Con estes dous puntos para a clasificación, e tendo en conta a derrota de Conxo frente ao Liceo Senior de Noia, a permanencia parecer ser xa unha realidade. Toca agora desfrutar das dúas xornadas restantes e empezar dende xa a prepararnos para a próxima tempada 2011-2012, na cal non pensamos alterar a nosa plantilla o máis mínimo, sendo a posta a punto de Adrián a nivel competitivo a nosa maior prioridade.

3ª G:

OROSO - ZAPATERÍA RIAL: 3 - IES VIRXE DO MAR "B": 4

José Manuel Regueiro: 2 - Venancio González Caamaño: 3
Tomás Pasín: 2 - Martín López Tomé: 3
Eloy Raña: 3 - Sergio Agraso Graciano: 1
José Manuel Regueiro / Eloy Raña: 3 - Venancio González Caamaño
/ Martín López Tomé: 2
José Manuel Regueiro: 1 - Martín López Tomé: 3
Eloy Raña: 3 - Venancio González Caamaño: 2
Tomás Pasín: 2 - Sergio Agraso Graciano: 3

Xornada de infarto pola multitide de partidos desputados ata o 5º xogo. Compensamos o 7-0 que o equipo de Sigüeiro nos encaixara na primeira volta na nosa casa, en boa medida gracias á ausencia desta vez de Simón Raña. Compre destacar o grande mérito de Martín e Sergio ao gañar a José Manuel e a Tomás respectivamente, sendo o de Sergio o partido de peche do encontro. Moitas felicidades ao equipo de 3ª por dar a sorpresa contra un dos equipos mellor preparados do seu grupo. Xunto á de Ribadumia e á da Pobra, esta é a terceira sorpresa que os nosos pequenos dan con respecto á primeira volta, e desexámoslle que volva haber outra máis, ben contra os de Vimianzo, ben contra o Arteal de Santiago. Moita sorte a todos!

1 comentario:

Anónimo dijo...

Noraboa a todos os xogadores dos dous equipos.
Merecedes mil veces mil parabéns.
Pola vosa ilusión, pola vosa progresión,... e ainda por riba acadando os obxectivos propostos. Que máis se pode pedir?